Aglomerado
Produto que resulta dun proceso de aglomeración. Táboa ou taboleiro feito con madeira moída, unida con colas e prensada.
Atrezo
Conxunto de accesorios, de mobiliario e de decoración, que se utiliza na realización dunha escenografía teatral, neste caso dun escaparate
Cateto
Cada un dos dous lados dun triángulo rectángulo que forman o ángulo recto
Escaleno
Dise do triángulo que ten os tres lados desiguais.
Foam
Coñécese tamén como Goma Eva, como caucho eva, caucho, foamy e espuma recortable. É un material chegado do mundo anglosaxón. A virtude do foam, é que flota ademais das súas múltiples aplicacións, entre outras, en escaparatismo.
Grella Armazón de variñas de ferro que, colocada no teito do escaparate serve para colgar obxectos.
Hipotenusa
Lado maior dun triángulo rectángulo oposto ó ángulo recto
Kraft
Papel que se utiliza normalmente para envolver. Haino en todas as cores, varios anchos e lonxitudes.
Mediatriz
Lugar xeométrico dun segmento que está á mesma distancia dos seus dous extremos
Ortoedro
Paralelepípedo ou figura xeométrica que contén seis prismas rectangulares con seis caras.
Panca Barra ríxida que, apoiada sobre un punto e facendo forza, serve para erguer grandes pesos.
Porexpan
Pranchas de espuma ríxida de poliuretano (compoñente plástico) para o illamento térmico
Randeeira Asento suspendido sobre dúas cordas penduradas dunha barra horizontal ou de dúas pólas e que se emprega para moverse cara adiante e cara atrás.
Trampatoxo
Técnica pictórica coa que se intenta enganar á vista mediante os recursos do claroscuro e a perspectiva. As escenas pintadas dan sensación de realidade e fan que os obxectos, os seres ou as situacións parezan reais para @ observador/a.
Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas