t5
 
 
 
 
 
 
 
 
Volver
NOME MÓDULO: Animación do Punto de Venda FAMILIA PROFESIONAL: Comercio e Marketing
CICLO: Ciclo medio de Comercio CENTRO:
CURSO ESCOLAR: PROFES@R:
   
LIGAZÓNS
INTRODUCCIÓN MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
METODOLOXÍA TRANSVERSALIDADE
CRITERIOS MINÍMOS DE AVALIACIÓN ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
AVALIACIÓN ESTRUCTURA DE CONTIDOS
RECUPERACIÓN PERIODIFICACIÓN DE CONDIDOS
CRITERIOS E PROCEDEMENTOS PARA ESTABLECER AS ACTIVIDADES PENDENTES DE RECUPERACIÓN RECURSOS DIDÁCTICOS
PROGRAMACIÓN DE AULA

  • A presente programación atense ó Real Decreto 1655/1994, do 22 de xullo, polo que se establece o título de Técnico en Comercio e mailas correspondentes ensinanzas mínimas (B.O.E. 29/9/94), e o Decreto 234/2000, do 13 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en comercio (D.O.G. 11/10/2000).
  • Axústase ó establecido para as programacións didácticos dos departamentos reguladas nos artigos 95, 96 e 97 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria.
  • Ten en conta as directrices que en materia de metodoloxía a aplicar, avaliación, transversalidade, etc. establece o Proxecto Educativo de Centro e que contempla o Proxecto Curricular de Ciclo.
 
 
 
Entre os obxectivos da educación podemos citar os seguintes:
Que o alumnado dispoña de pensamentos autónomos.
Que sexan máis activos no traballo.
Que teñan maior responsabilidade.
Que saiban buscar, seleccionar e clasificar a información.
Que adquiran coñecementos adecuados para a vida profesional.
Que desenvolvan actitudes válidas para acomodarse aos entornos de traballo cambiantes.
 
Para conseguir os obxectivos anteriores, a metodoloxía que se emprega neste módulo ten que ser unha metodoloxía activa, que terá en conta os seguintes puntos:
Análise dos conceptos previos do alumnado e uso dos mesmos para introducir cada unha das unidades didácticas, expoñendo o tema brevemente, utilizando sempre medios audiovisuais que facilite a participación do alumnado no proceso de aprendizaxe e utilizando exemplos próximos, que manteñan unha relación que sexa significativa respecto ó que ó alumnado xa sabe, para xerar unha actitude favorable de cara a buscar conexións entre o que se lle presenta e o que xa coñece. A exposición debe ser moi corta, xa que o alumnado deste nivel, en xeral, ten pouca capacidade de atención para seguir unha explicación máis aló de quince ou vinte minutos si a explicación non vai acompañada de actividades ou medios que os manteñan atentos e integrados na propia explicación.
Uso de procedementos indutivos e dedutivos que desenvolvan as capacidades de análise e de síntese
Realización de actividades que favorezan as relacións interpersoais e o coñecemento do medio físico, social e cultural do entorno, propoñendo actividades (individuais e grupais) que conteñan traballo de campo e visitas aos establecementos do entorno, utilizando como ferramenta de traballo medios audiovisuais como cámaras fotográficas dixitais, cámaras de vídeo, etc.
Promoción no alumnado de sentimentos de seguridade, autoestima e confianza que permitan o uso do espírito crítico tanto na exposición e debate das ideas, dentro dun clima de respecto mutuo, como no desenvolvemento das capacidades expresivas, expoñendo os traballos realizados con medios audiovisuais na aula, para fomentar o debate entre os seus compañeiros e compañeiras. Esta exposición do traballo realizado poderá ser feita individualmente ou por grupo, fomentando asemade a corrección e a autocorrección.
O fomento dunha aprendizaxe individualizada, baseada nas capacidades individuais de cada alumno e alumna, promovendo actividades que contemplen as distintas capacidades, é dicir, ensinar tendo en conta a diversidade (actividades de reforzo e avanzadas). Estas actividades orientaranse de cara a memorizar e relacionar datos e conceptos, recollida de datos para traballos, preparar explicacións orais para facer diante dos compañeiros e compañeiras, ou a autocorrección de traballos.
Fomento da aprendizaxe de procedementos, desenvolvendo sistematicamente exercicios de carácter práctico que o alumnado deberá resolver mediante consulta de páxinas web en Internet, bibliografía da aula ou material propio.
Realización de visitas técnicas, previamente preparadas, a distintos centros e áreas comerciais de outras cidades e vilas, que permitan comparar as técnicas de merchandising que empregan, así como visitar rúas comerciais para o estudio de fachadas e escaparates.
Potenciación da decoración do centro, utilizando técnicas de animación do punto de venda, nos distintos eventos que se celebren durante o curso.
volver ó inicio da páxina
 
 
Estes criterios baséanse na valoración daqueles aspectos dos contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais, suficientes para acadar os obxectivos das unidades de competencia que se desenvolven no currículo (Decreto 234/2000, do 13 de setembro), expresados en termos de capacidades terminais elementais para o módulo profesional 2: animación do punto de venda..
 
PROCEDIMENTAIS: Dende este punto de vista o alumno ou a alumna deberá saber facer:
Dividir un local nos espazos necesarios, segundo un suposto proposto.
Detectar e aplicar métodos de quentamento para puntos fríos
Organizar os lineais por familias de produtos
Aplicar técnicas de merchandising para orientar á clientela polo establecemento
Realizar cálculos de xestión e rendibilidade do lineal
Saber colocar os produtos nos diferentes niveis
Colocar etiquetas e marcar produtos
Rotular manualmente un cartel tendo en conta a proporcionalidade do texto e o rotulador utilizado.
Confeccionar carteis utilizando programas de deseño gráfico adecuados, tendo en conta as recomendacións para a súa confección
Exemplificar diferentes recursos a utilizar no escaparatismo
Utilizar o debuxo xeométrico e o artístico na creación de atrezos para o escaparate
Utilizar os distintos tipos de ferramentas de escaparatismo e coñecer os seus usos
Elaborar elementos de decoración utilizando os materiais propostos.
Realizar a montaxe dun escaparate
Utilizar como ferramentas os programas informáticos FreeHand, Publisher, Gif Animator e paquete Officce.
CONCEPTUAIS. Dende este punto de vista o alumno ou a alumna deberá coñecer:
Definir o concepto de animación do punto de venda
Identificar cales son os traballos que debe desenvolver con autonomía un técnico ou unha técnica en comercio
Definir comercio, fabrica/produtor, canle de distribución,
Identificar as diferenzas máis significativas entre o comercio tradicional e o comercio en réxime de libre servizo.
Indicar cales son os lugares máis e menos recomendables para a implantación do p. v.
Identificar as zonas frías e quentes de venda dun establecemento comercial a partir das estatísticas de vendas.
Definir puntos fríos e quentes e propoñer actividades para quentar os puntos fríos.
Identificar as regras de implantación das seccións e os diferentes tipos de distribución.
Describir o tipo de mobiliario
Definir lineal e facing
Distinguir entre lineal horizontal e vertical
Diferenciar entre amplitude e profundidade do surtido
Clasificar os produtos por familias
Explicar que factores hai que ter en conta para seleccionar o surtido
Identificar as diferentes directivas da U.E. sobre etiquetado
Explicar o actual códigos EAN 13
Definir un cartel comercial
Clasificar os distintos tipos de carteis
Identificar os obxectivos da APV
Explicar os principais medios de ambientación a utilizar no punto de venda
Diferenciar entre ambientación permanente e intermitente
Identificar os obxectivos da promoción
Explicar os instrumentos de promoción acompañados de exemplos prácticos.
Relacionar os elementos que forman parte dunha fachada comercial
Explicar a importancia que ten o escaparate para o punto de venda
Definir os obxectivos do escaparate.
Identificar as distintas técnicas de escaparatismo
Describir as zonas máis vendibles do escaparate.
Identificar os distintos tipos de manenquís, bustos, etc. que se poden utilizar na exposición do escaparate.
ACTITUDINAIS. Dende este punto de vista o alumno ou a alumna deberá ter as seguintes actitudes:
Aplicar as medidas de seguridade, hixiene e ambientais no traballo.
Ser responsable na asistencia e puntualidade á clase, no mantemento e coidado das instalacións (non modificando o sistema informático, nin baixando programas, música ou cine sen autorización), traendo o material necesario para o normal desenvolvemento da clase e cos seus deberes como estudante.
Ser ordenad@ e pulcr@ na entrega dos seus traballos, colocar as fundas ós ordenadores, apagalos e baixar os diferenciais, mantendo limpo e ordenado o seu entorno de traballo.
Valorar a constancia na aprendizaxe e prestar atención ás explicacións e indicacións d@ profesor/a.
Amosar sempre unha actitude de colaboración cando a situación o requira.
Ser amable coas persoas que @ rodean e amosar respecto polo traballo d@s compañeir@s.
Valorar positivamente ter unha boa presenza.
Amosar discreción.
Traballar en equipo coas súas compañeiras e compañeiros nas tarefas que se propoñen en grupos.
 
volver ó inicio da páxina
 
 

As dúas características fundamentais que definen este proceso de avaliación, son as seguintes:

Avaliación continua:
Refírese á necesidade de recoller permanentemente información de como se está a introducir o proceso de aprendizaxe para autocorrixilo e modificalo. A información que se recolla terá que estar axustada ós criterios de avaliación de cada unidade didáctica.
Avaliación individualizada:
Refírese a que o que se avalía é o progreso do alumno ou alumna. O criterio para valorar este progreso non será a comparación co rendemento medio da clase, senón a situación inicial do alumno ou alumna. Trataríase de proporcionarlle información sobre os seus progresos, máis que sobre os seus resultados.
 
Para reforzar o carácter continuo da avaliación sinálase a necesidade de fixarse en tres momentos da secuencia do ensino/aprendizaxe nos que a avaliación ten obxectivos diferentes: avaliación inicial, avaliación formativo e avaliación sumativa, que se desenvolven máis abaixo
 
CONTEXTUALIZACIÓN:  
 
A competencia xeral (Executar os plans de actuación establecidos para a comercialización de produtos e/ou servizos nas mellores condicións de calidade, tempo, lugar e prezo e administrar e xestionar un pequeno establecemento comercial), as capacidades profesionais, as responsabilidades e autonomía nas situacións de traballo, e a unidade de competencia para o técnico ou técnica en Comercio, no que respecta ó módulo de Animación do Punto de Venda, son os seguintes:
Capacidades Profesionais
Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo
Unidades de competencia
Obxectivos xerais

Capacidades técnicas: Animar aos puntos de venda de establecementos dedicados á comercialización de produtos e/ou servizos, conseguindo os obxectivos establecidos nas diferentes promocións e ofertas, e aplicando as técnicas de merchandising

Confección dos carteis do establecemento

Realizar as actividades de animación do punto de venda
Aplicar as técnicas de merchandising, escaparatismo, deseño gráfico e outras actuacións de animación no punto de venda, analizando os seus efectos sobre o consumidor ou consumidora e utilizando materiais e equipos adecuados

Capacidades para afrontar continxencias: Executar un conxunto de accións de contido politécnico e/ou polifuncional, de forma autónoma, no marco das técnicas propias da súa profesión, baixo métodos establecidos.

Montaxe do escaparate  
Interpretar e aplicar a terminoloxía comercial utilizada no sector, asociada a equipos e material, así como as situacións concretas que se realicen habitualmente
Capacidades para a dirección de tarefas: Resolver problemas e tomar decisións individuais, seguindo normas establecidas e precedentes definidos dentro do ámbito da súa competencia, e consultando cos seus superiores a decisión adoptada cando os efectos que se poidan producir alteren as condicións normais de seguridade, organización ou económicas
Preparación de lineais de produtos  
Operar con programas informáticos na realización de tarefas de xestión administrativa-comercial, na almacenaxe e nos carteis no punto de venda
Capacidades para adaptarse ó medio: Adaptarse ás novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos pola aparición de novas tecnoloxías relacionadas coa profesión.
   
Utilizar e valorar criticamente as canles e fontes de información relacionadas coa súa profesión que lle permitan ó alumnado o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e lle posibiliten a evolución e a adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.
 
A avaliación das aprendizaxes realízase tomando como referencia:
As capacidades terminais elementais (Decreto 234/2000, do 13 de setembro)
Que o alumnado debe ter conseguido ó rematar o módulo. Son manifestacións claras de que o alumno ou alumna posúe a competencia profesional que determina o perfil profesional.
Os criterios de avaliación establecidos para o módulo de Animación do Punto de Venda
Que son capacidades sinxelas que precisan a capacidade terminal, delimitando o alcance da mesma, o seu nivel e contexto. Deben ser avaliables, porque son os resultados mínimos que deben ser acadados no proceso de ensinanza-aprendizaxe
 
AVALIACIÓN INICIAL:  
 
Ao fin de atender á diversidade, farase unha valoración das características de cada alumno e alumna, segundo os seguintes parámetros:
Cando realizala: Ó comezo do curso e ó principio de cada unidade didáctica
Que valorar:
O currículo cursado antes do módulo profesional: ¿Que tipo e cal é o nivel de coñecementos que debe posuír o alumnado para cursar con éxito o módulo profesional?.
   
O grao de desenvolvemento de determinadas destrezas manipulativas e habilidades cognitivas: ¿Cales son as habilidades que se aplicarán no módulo: na busca de información, analíticas, de investigación, de comunicacións...?
   
Os métodos de traballo en canto a procedementos ou estratexias de aprendizaxe. ¿Cales son os hábitos de estudio e de traballo do alumnado: capacidade de organizar o seu estudio, grao de concentración, habilidade para buscar axudas no estudio...?
   
A experiencia profesional, en caso de ter estado traballando. ¿En que ten experiencia, que instrumentos manexou, que destrezas posúe...?
   
As ideas previas do alumno ou alumna e os esquemas de coñecemento en canto a determinados contidos da unidade didáctica ou do módulo.
Como obter a información: Por información do expediente do alumno ou alumna situado na Secretaría do centro e por cuestionario, exposición de imaxes audiovisuais relacionadas co tema e debate previo na aula ó principio de cada unidade didáctica
 
AVALIACIÓN FORMATIVA:  
 
Cando realizala: Esta avaliación prodúcese durante todo o proceso de aprendizaxe
Ten como obxecto: proporcionar información constante sobre se este proceso adáptase ou non ás necesidades ou posibilidades do alumno ou alumna
Permite a modificación daqueles aspectos que aparezan disfuncionais durante o proceso, tratando de:
Coñecer
Os progresos e dificultades do alumnado en canto a conceptos, procedementos e actitudes que lle permiten acadar a competencia
Identificar Os factores que inciden neses progresos ou dificultades
Decidir Os cambios na forma de presentar as actividades, o que lles pedimos nelas, etc. para que poidan seguir avanzando.
Para poden desenvolver unha avaliación formativa habería que prever:
  Ter criterios claros para interpretar os obstáculos ou éxitos do alumno ou alumna.
 
Secuenciar de xeito que permita unha interacción entre alumno ou alumna e profesor ou profesora, para que se poida intervir de forma continxente (facendo unha pregunta, propoñendo unha solución alternativa, recordando unha experiencia previa, etc. Diste xeito poderase valorar os logros do alumnado, a adecuación da secuencia e a propia intervención.
 
Organizar a aula con formas de traballo diversificadas e autónomas, que permitan intervencións como as sinaladas anteriormente.
 
Marcar un tempo para a recollida de datos, que nos permitirán, unha vez gardados nun rexistro sistematizado, informar da evolución do alumno ou alumna.
Os instrumentos a empregar na recollida da información para a avaliación serán:
 
Variados: Exames escritos (mínimos, xa que o módulo é procedimental), probas obxectivas, resolución de problemas ou supostos prácticos (os que máis se utilizarán dadas as características do módulo xunto cos traballos de clase), traballos de clase (observación directa, debates, presentacións, instalación de escaparates, producións do alumnado, gravacións audiovisuais no ordenador probas prácticas), ...
  Aplicables en situacións de aprendizaxe dentro e fora do centro educativo
  Transferibles, o máis posible, á situacións de traballo
  Capaces de dar información do que se pretende coa proba.
  Deseñados con diferentes códigos: orais, escritos, gráficos, audiovisuais, etc.
   
 
AVALIACIÓN SUMATIVA:  

É o momento da CUALIFICACIÓN, é dicir, a transformación do conxunto de informacións recollidas nas avaliacións inicial e formativa.

Consiste en valorar o grao de consecución obtido polo alumno ou alumna con respecto ás capacidades terminais elementais expostas en cada unidade didáctica.

Para acadar a avaliación positiva do módulo o alumno ou alumna deberá superar os criterios de avaliación definidos en cada unidade didáctica. A avaliación positiva do módulo darase, cando o alumno ou alumna, ademais de acadar a puntuación mínima que se indica a continuación para cada contido, ten cinco puntos ou máis, como resultado de sumar todos os contidos. Por exemplo, se non chega a un punto nos contidos actitudinais, este alumno ou alumna non aprobará o módulo, a pesares de que poda ter un total de 5, 6, 7 ou máis puntos no resto dos contidos.

2,51
Nos contidos procedimentais
1,5
Nos contidos conceptuais
1
Nos contidos actitudinais
5
TOTAL MÍNIMO
 
CONTIDOS PROCEDIMENTAIS (50% da nota):
Os instrumentos que se utilizarán para medir estes contidos serán as probas obxectivas (de ordenación e as de agrupación por parellas), resolución de problemas ou supostos prácticos, probas prácticas e traballos de clase (debates, producións e gravacións audiovisuais), que medirán as capacidades en relación cos procedementos previstos para cada unidade didáctica
O alumno ou alumna deberá entregar as actividades, traballos, exercicios, etc. na data que se lle indique. Na ficha do alumno ou alumna quedará reflectida a anotación de cero puntos se non entregara na data indicada.
A cualificación dos instrumentos utilizados será a seguinte: Valorarase sobre unha puntuación de cinco e descontarase 0,15 puntos por cada erro ou omisión cometido
Terán a consideración de aprobadas aqueles contidos procedimentais que acaden unha puntuación igual a 2,5 ou superior.
Para realizar este tipo de avaliación é fundamental contar cunha ficha de alumno ou alumna, onde se recolla un apartado, por avaliación, para rexistrar a cualificación procedimental de cada un dos instrumentos utilizados.
 
CONTIDOS CONCEPTUAIS (30% da nota):
Os instrumentos que se utilizarán para medir estes contidos serán exames escritos e probas obxectivas (de resposta única, de verdadeiro/falso, si/non, de elección múltiple).
A cualificación destas probas realizaranse sobre un máximo de tres puntos, descontando 0,15 puntos por cada erro ou omisión cometido.
Terán a consideración de aprobadas aqueles contidos conceptuais que acaden unha puntuación igual a 1,5 ou superior.
A igual que o anterior contido, é necesario anotar na ficha do alumno ou alumna a cualificación obtida nos instrumentos utilizados.
 
CONTIDOS ACTITUDINAIS (20% da nota):
O alumno ou alumna, ademais de axustarse ás actitudes definidas en cada unidade didáctica deberá axustarse con carácter xeral, ás que se describen a continuación:
 
Deberá ser RESPONSABLE na asistencia e puntualidade á clase, no mantemento e coidado das instalacións (non modificando o sistema informático, nin baixando programas, música ou cine sen autorización), na utilización das medidas de seguridade e hixiene e de protección do medio ambiente, traendo o material necesario para o normal desenvolvemento da clase e cos seus deberes como estudante..
 
Deberá ser ORDENADO/A e PULCRO/A na entrega dos seus traballos, colocar as fundas ós ordenadores, apagar o ordenador e baixar os diferenciais, mantendo limpo en todo momento o seu entorno de traballo.
  Valorará a CONSTANCIA na aprendizaxe e prestará atención ás explicacións e indicacións da profesora.
  Amosará sempre unha actitude de COLABORACIÓN cando a situación o requira.
  Deberá ser AMABLE coas persoas que o/a rodean e amosar respecto polo traballo dos compañeiros e compañeiras.
  Valorará positivamente ter unha BOA PRESENCIA.
  TRABALLARÁ EN EQUIPO cos compañeiros e compañeiras nas tarefas que se propoñan en grupos.
  Amosará DISCRECIÓN en todo momento.
  Actitude correspondente á Unidade Didáctica
  Actitude correspondente á Unidade Didáctica
As actitudes descritas son as que se prevén para este técnico ou técnica en Comercio. Entre as actitudes que hai descritas máis as dúas que corresponderían por cada unidade didáctica forman un total de dez actitudes.
Valorarase cada unha das actitudes cun 0 puntos (se non se cumpre en algún dos seus termos) e cun 0,2 si se cumpren. Para acadar o aprobado neste contido, o alumno ou alumna debera acadar 1 punto.
É conveniente recoller un apartado para as actitudes e anotar na ficha do alumno ou alumna as observacións ou cualificacións para cada un dos instrumentos utilizados para avaliar o proceso de ensinanza-aprendizaxe.
 
Para recoller toda a información anterior, proponse o seguinte modelo de ficha en Word:
 
AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA DO MÓDULO:  
 
É a avaliación previa á FCT. Esta avaliación será o resultado da valoración da evolución experimentada polo alumno ou alumna ó longo de todo o curso, partindo da avaliación inicial e tendo en conta os resultados anotados na ficha do alumno ou alumna.
 
AVALIACIÓN FINAL EXTRAORDINARIA DO MÓDULO:
 
Realizarase antes do 29 de outubro. O alumno ou alumna que non supere esta avaliación extraordinaria, deberá repetir Ciclo.
volver ó inicio da páxina
 
 
Para que o alumno ou alumna poda acadar as capacidades terminais elementais previstas, e como consecuencia, os criterios mínimos de avaliación previstos, no apartado de ATENCIÓN Á DIVERSIDADE contémplase a secuenciación das distintas actividades que pode realizar dependendo das características de cada alumno ou alumna. Estas actividades desenvólvense en cada unha das unidades didácticas.
 
O alumno ou alumna terá que revisar aqueles aspectos onde está mais frouxo ou frouxa e mellorar os contidos procedimentais, conceptuais e actitudinais, baixo a supervisión e no tempo en que lle indique a profesora, ben volvendo a revisar e presentar as actividades ou ampliándoas a aqueles aspectos que menos domina e modificando as súas actitudes.
volver ó inicio da páxina
 
 
Ó alumnado que sexa avaliado negativamente deberá ser informado dos procedementos para establecer as actividades pendentes de superación. Para isto entregaráselle unha orientación por escrito para que poda recuperar o módulo pola súa conta, durante o período vacacional, no que se lle indiquen os seguintes aspectos:
Contidos que deberá volver a repasar e estudar
Procedementos imprescindibles que deberá saber realizar para aprobar o módulo
Metodoloxía que deberá seguir
 
Ademais das orientacións que se lles dará a aqueles alumnos e alumnas que non superen o módulo na avaliación final ordinaria, no período que vai de setembro ó 29 de outubro (prazo máximo para avaliación final extraordinaria de módulos), o alumno ou alumna pasarase polo centro educativo para resolver as dúbidas que considere oportunas ou para realizar as prácticas que se describan na orientación para superar o módulo, de acordo cun calendario previsto que contará, como mínimo, dunha visita quincenal, segundo a cantidade de materia a superar ou reforzar.
 
volver ó inicio da páxina
 
 
Dentro deste apartado contémplanse todas aquelas medidas encamiñadas a diversificar o procedemento de aprendizaxe de acordo coas diferenzas persoais do alumnado, estilos de aprendizaxe, capacidades, intereses e motivacións.
 
As vías para o tratamento desta diversidade na aula do ciclo medio de Comercio son as seguintes:
Contidos
Dentro do conxunto de conceptos, procedementos e actitudes asignados para a aprendizaxe do alumnado, establecerase unha diferenciación entre información básica e información complementaria. É dicir, en primeiro lugar fixaremos nas unidades didácticas, as capacidades terminais para cada unha e desenvolveremos un corpo de contidos esenciais que deben ser aprendidos por todos os alumnos e alumnas para acadar os obxectivos previstos e a partir de quí, considerarase outra serie de contidos que poderán se traballados ou non en función das peculiaridades e necesidades de cada alumno ou alumna.
Actividades
Actividades de apoio: Consistirán en exercicios referentes ó tema en cuestión que permitirán asentar os conceptos. Deberán ser realizadas por todo o alumnado.
 
Actividades de reforzo: Consistirán en contestar por escrito a unha batería de preguntas relacionadas co tema en cuestión ou en actividades de investigación que reforcen os conceptos principais e básicos da unidade. Serán realizalas polo alumnado con carencias obxectivables.
 
Actividades de ampliación: Consistirán en ampliar, mediante traballos de investigación, os contidos previstos na unidade didáctica. Serán realizadas polo alumnado que remate con facilidade as actividades de apoio ou polo alumnado con capacidades superiores á media da aula.
Metodoloxía
Na aula contemplarase tanto a funcionalidade e o uso real dos coñecementos como a adecuación destes aos coñecementos previos do alumno ou alumna.
Materiais
Utilizaranse materiais complementarias distintos desta páxina web, que permitan a diversificación do procedemento de ensinanza-aprendizaxe, sobre todo a busca de información a través de Internet que permita adestrar ó alumnado na busca, clasificación e selección da información.
Agrupamentos
Cando sexa necesario agrupar, farase tendo en conta a heteroxeneidade do alumnado.
volver ó inicio da páxina
 
 
Das materias transversais previstas no PEC do centro, destacaranse os seguintes aspectos:
Igualdade entre sexos

Evitar que os alumnos acaparen o uso das tecnoloxías de uso común na aula ou que desempeñen roles sexistas no desenvolvemento de determinadas actividades, sobre todo no Taller do Comercio

Fomentar traballos en grupos mixtos
Insistir no uso da linguaxe con predominio de termos neutros
Enfocar as prácticas e actividades cambiando os roles habituais e sexistas.
Expoñer exemplos que axuden á coeducación.
Educación ambiental
Insistir no respecto ao medio ambiente e no uso de materiais que se axusten ás directivas e normativas establecidas pola Comunidade Económica Europea de protección ao medio ambiente.
 
Fomentar o reciclaxe de materiais, sobre todo no Taller de Comercio, colocando contenedores que permitan a súa clasificación.
Educación moral e cívica
Insistir para a utilización racional dos recursos da aula, valorando a limpeza e a orde da mesma.
Educación para a saúde
Ter sempre en conta a normativa sobre seguridade e hixiene existente, nas unidades didácticas que o requiran.
 
Dotar ó alumnado dos medios de protección necesarios para desenvolver as actividades de escaparatismo.
Educación ara o/a consumidor/a

Destacar actividades complicadas que se poden realizar utilizando os recursos dispoñibles na aula, sen necesidade de dispoñer de avanzadas tecnoloxías.

  Fomentar o uso racional das tecnoloxías.
volver ó inicio da páxina
 
 
Visitas á establecementos da localidade
Estas visitas serán continuas, para realizar traballos de campo e de investigación, contrastando a teoría coa práctica.
Visitas á establecementos da comarca Seleccionar os establecementos comerciais máis importantes da comarca para visitalos.
Visitas a vilas e cidades importantes fora da comarca Visitar as grandes superficies, centros comerciais e rúas comerciais máis importantes.
Charlas ou conferencias de interese para o alumnado  
volver ó inicio da páxina
 
 
Os contidos deste módulo de Animación do Punto de Venda, están divididos en dous bloques:

Bloque temático que non require, necesariamente o uso da Aula Taller de Comercio. Pero si aula con ordenadores e conexión a Internet.

Ocupará tres sesións das seis sesións semanais que ten este módulo. Aquí contémplanse os primeiros temas da programación didáctica, dende o sistema de venda ata a promoción de vendas (UD Nº 1 á UD Nº 7, inclusive). Pódense dar por sesións separadas, entre outros motivos, porque se aproveita máis o tempo.
Bloque temático que necesita, obrigatoriamente, o uso da Aula Taller de Comercio e aula de ordenadores con conexión a Internet.
Ocupará as outras tres sesións. Estas sesións daranse xuntas, porque para impartir este bloque temático será necesario a utilización da Aula Taller e nel realizaranse actividades e traballos que necesitan das tres horas para que a realización das mesmas sexa eficiente. As unidades didácticas a dar neste bloque refírense a: Rotulación e tipografía, Carteis, Exterior do punto de venda, Escaparate e Elaboración do Escaparate (UD Nº 8 á UD Nº 16, inclusive).
 
Os contidos do módulo, repártese en 16 unidades didácticas. Ó principio de cada unha das unidades didácticas desenvolverase a PROGRAMACIÓN DE AULA que deberá conter: A capacidade terminal; os obxectivos da U.D.; os contidos: procedimentais, conceptuais e actitudinais; os criterios de avaliación; as actividades a desenvolver e a temporalización da U.D.
volver ó inicio da páxina
 
 
Este módulo ten asignadas un total de 160 horas lectivas, distribuídas en seis sesións semanais de 50 minutos, que multiplicadas por 32 semanas que dura o curso escolar, da un total de 192 sesións lectivas. As sesións que faltan na seguinte periodificación están reservadas para exames, na primeira parte, e para utilizalas en imprevistos.
U.D.
Nº Sesións
Reparto sesións
Avaliación
U.D. 1
6
1 explicacións, 5 actividades primeira
U.D. 2 12 2 explicacións, 6 actividades grupo e debate, 4 actividades individuais primeira
U.D. 3 12 2 explicacións, 6 actividades grupo e debate, 4 actividades individuais primeira
U.D. 4 12 2 explicacións, 5 actividades grupo e debate, 5 actividades individuais segunda
U.D. 5 12 2 explicacións, 5 actividades grupo e debate, 5 actividades invidivuais segunda
U.D. 6 12 2 explicacións, 5 actividades grupo e debate, 5 actividades individuais terceira
U.D. 7 12 2 explicacións, 5 actividades grupo e debate, 5 actividades individuais terceira
   
Agrupación en tres sesións:
 
U.D. 8 12 2 explicacións, 6 actividades grupo e debate, 4 actividades individuais primeira
U.D. 9 10 2 explicacións, 3 actividades grupo e debate, 3 actividades individuais primeira
U.D. 10 9 1 explicacións, 5 actividades grupo e debate, 3 actividades individuais primeira
U.D. 11 12 2 explicacións, 6 actividades grupo e debate, 4 actividades individuais primeira
U.D. 12 9 1 explicacións, 5 actividades grupo e debate, 3 actividades individuais segunda
U.D. 13 8 1 explicacións, 4 actividades grupo e debate, 3 actividades individuais segunda
U.D. 14 9 2 explicacións, 3 actividades grupo e debate, 4 actividades individuais terceira
U.D. 15 12 2 explicacións, 2 traballo en grupo, 8 actividades individuais terceira
U.D. 16 15 1 explicacións, 10 realización e preparación escaparate, 3 montaxe terceira
 
volver ó inicio da páxina
 
 
Aula de xestión con ordenadores, en rede e conectados a Internet
Canon proxector
Cámara fotográfica dixital ou vídeo dixital con posibilidades de tirar fotografías
Programas informáticos: Paquete Office con Publisher, programa de fotografía (por exemplo: Photoshop), programa de deseño (por exemplo Free Hand ou Corel Draw) e Gif Animator
Aula taller escaparatismo separada da aula de Xestión.
Material NON FUNXIBLE que se define nas Unidades Didácticas da parte práctica, en concreto as U.D. nº 8 e a U.D. nº 15
 
Planeillas para rotular a man todo tipo de letras, números e símbolos (dende 10 mm a 100 mm)
  Tesoiras, guillotina
  Aerógrafo de acción sinxela
 
Grampadoras e tenazas para colocar etiquetas á máquinas con agullas de distintos grosores para navetes.
  Plastificadora
  Cámara dixital
 
Programas informáticos para tratamento de fotografía e cartelística: De fotografía (Photoshop, Corel Photo Paint...; de deseño gráfico (FreeHand, CorelDraw...)
 
Estrutura de escaparate (como mínimo de 3 m de longo por 1,8 de profundidade) con raíles para focos na parte superior e laterais. Focos de pestanas para a parte inferior. Tomas eléctricas.
 
Soportes para prezos
 
Regras, cartabóns, escuadras e compases.
  Pistola de silicona
 

Ferramentas para traballar os materiais que se indican na U.D. nº 15: ferramentas para traballar a madeira (serrar, lixar, medir, pulir, suxeitar, encolar, tradear, perforar, tratar a superficie); ferramentas para pintura; ferramentas para tapizar; ferramentas para traballar con metais e para traballar con acrílicos.

Caixa de urxencias

Coitelos

Manenquís, de diferentes formatos, sexos, idades..., bustos, siluetas, perchas...

 
volver ó inicio da páxina
 

Volver

Introdución

Metodoloxía

Criterios mínimos avaliación Avaliación Recuperación Actividades complementarias estructura contidos Periodificación