ORIENTACIÓNS

U.D. Nš 1 U.D. Nš 5 U.D. Nš 9 U.D. Nš 13
U.D. Nš 2

U.D. Nš 6

U.D. Nš 10 U.D. Nš 14
U.D. Nš 3 U.D. Nš 7 U.D. Nš 11 U.D. Nš 15
U.D. Nš 4 U.D. Nš 8 U.D. Nš 12 U.D. Nš 16
 

INTRODUCCIÓN:

Tal e como se indica na periodificación da programación, e na U. D. nº 1, este módulo está dividido en dous grandes bloques que veñen sendo a metade da matería do módulo cada un:

 

 
Un bloque temático que non necesita necesariamente usar o Aula Taller de Comercio (vai dende a U.D.1 ata a unidade nº 7, inclusive), pero que si necesitará ordenadores con conexión a Internet para resolver moitas das actividades propostas. Esta bloque convén impartilo en tres sesións separadas en diferentes días por semana. Nel preténdese orientar ó alumnado sobre a distribución comercial con establecemento comercial, as técnicas de animación, o comportamento do consumidor ou consumidora, a organización do punto de venda a colocación e a presentación dos artigos nos andeis, o surtido e etiquetaxe.
     
 

Outro bloque temático que necesita obrigatoriamente utilizar, ademais dos ordenadores, a Aula Taller de Comercio. Para poder impartir este bloque necesítase acumular tres sesións lectivas continuas á semana. Nel trataranse todos os temas que se refiren, ademais da animación da parte exterior do establecemento, a rotulación, cartelística, ambientación, promoción, publicidade e escaparatismo (da UD Nº 8 á 16, inclusive)

Diste xeito, pode combinarse durante as seis seións lectivas semanais, tres sesións, dedicadas á primeira parte "máis teórica" (UD. 1 ó 7) e outras tres sesións acumuladas para tratar as U.D. máis prácticass (UD 8 Á 16). Con esta combinación o módulo faise moito máis ameno e o alumnado implícase máis na materia.

     

A temporalización das U. D. está calculada, segundo a experiencia, incluíndo o tempo que se lle dará ó alumnado para que poda realizar as actividades previstas en horas lectivas. Só o alumnado que vaia moi retrasado deberá rematar as actividades fora do centro escolar.

As actividades de APOIO, son as que deberán realizar obrigatoriamente todo o alumnado do ciclo. As de REFORZO están concibidas para que o alumnado repase, si se considera conveniente, os contidos que ten máis febles. As AVANZADAS están enfocadas para aquel alumnado que xa rematou as actividades de apoio e está en espera de comezar unha nova U. D.

 

U.D. DO PRIMEIRO BLOQUE
 

U.D. Nº 1: CONTEXTUALIZACIÓN DO MÓDULO

Na presentación do Ciclo de Comercio, por parte do/a titor/a, o alumnado recibirá información xeral sobre os módulos profesionais que o compoñen, as saídas profesionais, as actitudes e aptitudes que debe ter o alumnado matriculado neste ciclo, etc.

Esta unidade, pretende contextualizar, dentro da información xeral do Ciclo, aquela información que corresponde e afecta o módulo de Animación do Punto de Venda, que non vai ser transmitida polo titor ou titora.

Polo tanto, o obxectivo desta unidade é tratar de introducir ó alumnado no módulo para:

Que coñeza, os contidos, metodoloxía, sistema de avaliación e cualificación, moi importante como información para que o alumnado poda organizarse e adquirir unha certa seguridade sobre a materia,

Que adquira coñecementos sobre a utilidade das aprendizaxes que se van recibir durante o curso de cara o seu perfil profesional.

Que saiba cales son os obxectivos e as capacidades que se pretenden alcanzar ó longo do curso para ser uns bos e boas profesionais da animación do punto de venda.

U.D. Nº 2: DISTRIBUCIÓN COMERCIAL

Esta Unidade trata de que o alumnado se familiarice cos termos máis comúns relacionados co comercio.

En canto a distribución, centrarémonos máis, dentro da canle do comercio polo miúdo, sobre os distintos tipos de sistemas de venda. Hai que ter en conta que o tema da distribución se traballa moi a fondo noutros módulos deste ciclo, sobre todo en Operacións de Almacenaxe e en Xestión e Comercialización dun Pequeno Establecemento Comercial, polo que neste módulo afondaremos máis nos sistemas de venda.
Respecto a clasificación dos sistemas de venda, tan so contemplo o TRADICIONAL e o LIBRE SERVICIO, deixando o sistema de venda MIXTO, para exemplos moi concretos, pois dada evolución experimentada polo comercio nos últimos anos, non se poden considerar mixtos tan só os Grandes Almacéns que son os que poñen como exemplo na maioría dos libros de texto.
SUBIR

U.D. Nº 3: IMPLANTACIÓN DO PUNTO DE VENDA

Esta unidade trata de expoñer unha serie de informacións sobre as funcións que un ou unha responsable do establecemento debe coñecer para realizar unha boa xestión do mesmo. É só unha pequena introdución, dado o nivel do ciclo medio. Máis adiante, en cada unha das unidades polas que se vai pasando, desenvolveranse algúns dos procedementos de xestión indicados.

A continuación da introdución á xestión está o apartado da localización do establecemento, con indicación dos lugares máis recomendables para a súa implantación. Aquí o máis importante é poñer exemplos moi próximos ó alumnado de casos que coñezan para unha mellor comprensión.

Continuase coa división do local. Nos libros de texto a teoría e os exemplos sempre van dedicados a autoservizos e, no caso Galego, a evolución experimentada no comercio (salvo nos autoservizos-supermercados) foi cara a apertura de comercios mixtos (algúns máis cerca do libreservizo e outros máis lonxe). Logo, do que se trata é de poñer exemplos máis variados e próximos, de que o alumnado estude a división das plantas dos locais do seu entorno e saquen conclusións. Neste mesmo apartado introdúcese un resumo moi pequeno sobre as medidas de seguridade e hixiene que deben estar en posesión d@ encargad@ do establecemento e que deberá poñer en coñecemento do resto dos empregados e empregadas. Estas medidas de seguridade e hixiene introdúcense a nivel de información, para contextualizar a teoría que estuda o alumnado noutro módulo deste ciclo (F.O.L.).

Polo motivo anterior, introdúcese o concepto de zona fría e zona quente, conceptos que deben estar presentes na sala de vendas (como parte da división do local). Máis adiante, introduciranse tamén, os conceptos de puntos fríos e quentes, pero dentro do seu contexto (Implantación da sala de vendas), para que o alumnado poda diferenciar claramente entre unha zona e un punto fríos ou quentes.
SUBIR

U.D. Nº 4: IMPLANTACIÓN DA SALA DE VENDAS

Esta unidade trata de introducir ao alumnado no concepto de implantación dende a sala de vendas ao mobiliario, pasando polas seccións. Nela estúdanse os puntos fríos e quentes, "separados" en certa medida do tema anterior onde se tratan as zonas quentes e frías, para que o alumnado distinga con claridade unha zona quente ou fría dun punto.

Ademais se introduce ó alumnado no deseño da circulación da clientela e a xestión do control da implantación, con pequenos exemplos que os poden orientar un pouco máis.
Importante neste tema é a introdución de artigos concretos e información sobre seguridade e hixiene para aplicar na sala de vendas, nos corredores, etc. , que serven de orientación ao alumnado para contextualizar a lexislación que estudan no módulo de Formación e Orientación Laboral.
A comprensión deste tema faise máis fácil, na medida que o alumnado poda realizar as actividades que se propoñen, visitando establecementos comerciais da localidade. Para facilitar o traballo o profesor ou profesora pode ir a pedir permiso con antelación a distintos establecementos e advertirlles do que se trata ou ben acompañar ao alumnado. En todo caso, o alumnado poderá falar cos xefes e xefas de planta e intercambiar información.
SUBIR

U.D. Nº 5: IMPLANTACIÓN DO LIÑAL

Esta unidade didáctica ten como obxectivo que o alumnado poda visualizar, mediante exemplos os distintos conceptos que están relacionados coa implantación do lineal, a presentación dos productos e os lugares máis adecuados para presentalos. É unha das unidades importantes para o alumnado deste ciclo, xa que ven definida no Currículo do Ciclo, dentro da Unidade de competencia 2, do módulo de APV: realizar as actividades de animación do punto de venda, como realizacións: "Preparar os lineais de produtos optimizando espazos, buscando a complementariedade dos artigos e facilitando a opción de compra". Os criterios de realización que destaca e que afectan a esta unidade, son os seguintes:

"Realízase a disposición dos produtos dentro do liñal, vertical ou horizontalmente, seguindo criterios de merchandising (impresión de orde, colocación ó alcance da clientela, concentración da atención da clientela nunha zona especial reducida, optimización dos niveis do liñal".

"No mobiliario do punto de venda colócanse os diferentes produtos tendo en conta o número de caras para que sexa perfectamente visible pola clientela dende diferentes ángulos".

Traballarán coas cores, formas e volumes dos produtos e como deberán informalos convenientemente.
En canto a rendibilidade do lineal, trátase de que o alumnado coñeza como se pode asignar espazo ó lineal tendo en conta a cifra de vendas e o beneficio bruto, así como a calcular o índice que lle permitirá comprobar si o espazo asignado é o correcto para cada familia, subfamilia, produto, etc. Engádense neste tema, unha serie de ratios, e índices de cálculo que considero deben estar na unidade que lle corresponde, e non todos aglomerados, noutra unidade didáctica diferente porque creo que desorientan ó alumnado, que non pode estudar integralmente as diferentes implantacións coa xestión de rendibilidade que lle corresponde a cada unha.
As actividades, tratan de acercar ó alumnado o máis posible á realidade, facendo que visiten e traballen por grupos nos establecementos da localidade. Como se indica na programación, apartado de avaliación sumativa, unha das partes do procedemento da aprendizaxe a ter en conta son as actividades, non só as que se realizan en grupo, senón as que teñen que entregar ao profesorado, que se devolverán corrixidas e coa nota correspondente. Nestas actividades introdúcese o uso da cámara fotográfica dixital, para que lle resulte máis fácil ao alumnado realizar os exercicios utilizando as fotografías tomadas. Ademais permítelles aprender a traballar textos incorporando imaxes. O mellor sistema, é utilizando a función de táboas de Word. En canto a programas informáticos a utilizar, pódese realizar os cálculos coa folla Excel, creando as fórmulas correspondentes.
SUBIR

U.D. Nº 6: IMPLANTACIÓN DO SURTIDO

Esta unidade, a igual que a anterior, ven definida no Currículo do Ciclo, dentro da Unidade de competencia 2, do módulo de APV: realizar as actividades de animación do punto de venda, como realizacións: "Preparar os lineais de produtos optimizando espazos, buscando a complementariedade dos artigos e facilitando a opción de compra". Os criterios de realización que destaca, e que afectan a esta unidade son os seguintes:

"Os lineais distribúense por familias de produtos, segundo a planificación establecida pola empresa, en función da súa utilización e normativa vixente".

A implantación do surtido é un dos temas máis difíciles de comprender para o alumnado, por iso é necesario que as actividades que realicen sexan o máis prácticas posibles, primando a investigación en establecementos comerciais da localidade e contrastando as distintas opinións na aula. Sería conveniente que, na Aula Taller de Comercio, se dispuxera dunha zona onde se poidera simular un establecemento comercial coa súa sala de vendas (incluído escaparate e zona de caixas coa terminal TPV) con góndolas ou andeis, con productos que se poden ir coleccionando durante o curso (exemplo: caixas de cereais de distintas marcas, botes, roupa fora de uso, etc.) para poder realizar a implantación dunha sección, pasando por todos os procedementos, dende a clasificación, selección dos produtos ata a aplicación do Criterio de Pareto (previa suposta venda de produtos). Coa montaxe desta instalación simulando un pequeno establecemento comercial, permitiría tamén realizar unha serie de exercicios que se realizarían ó longo de todo o módulo (etiquetaxe, ambientación, promoción, publicidade, escaparatismo...)

SUBIR

U.D. Nº 7: A ETIQUETAXE

Introdúcese esta unidade porque no Currículo da Consellería hai dúas Capacidades Terminais elementais referidas ás etiquetas. Nela trátase de introducir ao alumnado na lexislación das diferentes normativas existentes sobre etiquetado a nivel europeo, as formas e materiais e os procedementos manuais e informáticos. Ademais a etiquetaxe é unha das unidades didácticas máis importantes para o ciclo medio, porque tamén ven definida dentro da Unidade de Competencia 2: "Realizar as actividades de animación do punto de venda", como realización: "Manter actualizada a información para orientar adecuadamente á clientela no punto de venda, elaborando e situando os carteis do establecemento e as etiquetas dos produtos segundo os procedementos e os obxectivos comerciais establecidos" , onde di entre outros puntos:

"Colócanse as etiquetas nunha posición segura e visible que facilite o acceso á información que proporcionan".

"Realízase o proceso de etiquetaxe clasificando e manipulando os produtos de acordo coas súas características e evitándolles deterioración".

"Elabóranse as etiquetas dos produtos en función da información que se desexa proporcionar (prezo, provedor, características relevantes)".

"Mantéñense actualizadas as etiquetas de prezos, comprobando as ofertas de produtos e etiquetando novamente, se é necesario".

Aproveitase a unidade para familiarizar ao alumnado coa codificación e os organismos oficiais que se encargan da normalización e a calidade.

É un tema importante que tod@ responsable de punto de venda debe coñecer, dados os cambios constantes que se están producindo na normalización a nivel europeo con constantes novas directivas, o tema da trazabilidade e o sistema RFDI a empregar nun futuro próximo.

SUBIR
U.D. DO SEGUNDO BLOQUE
 

U.D. Nº 8: ROTULACIÓN E TIPOGRAFÍA

Comezamos cos temas máis prácticos, neste caso pola rotulación manual e dixital de carteis, etiquetas, etc. Sería necesario ter no centro software para imprimir etiquetas e impresoras adecuadas para iso. En todo caso, sempre é conveniente que o alumnado estea ó día de todos os avances tecnolóxicos e saiba utilizalos. Para iso pode contar coas visitas aos puntos de venda do entorno (falar antes coas asociacións de comerciantes e centros abertos para facilitarlles a labor de investigación), e procurar ter toda esa tecnoloxía no propio Instituto.

Mediante as actividades, o alumnado pode traballar os programas de deseño gráfico para rotular dixitalmente algún tipo de comunicado. Hai que ter en conta que no seguinte tema vaise tratar a cartelística que é unha parte complementaria deste tema, onde o alumnado pode dar renda solta a súa imaxinación e elaborar carteis máis creativos. No presente tema nos centraremos só na rotulación de textos manual e dixitalmente e na elaboración de pictogramas.

É importante que o alumnado distinga ben entre os distintos tipos de letras a utilizar na elaboración de comunicados, o tipo de público obxectivo a quen vai dirixido e a utilización das cores (contrastes), para poder traballar o seguinte tema de cartelística.

Tamén resultaría interesante que investigaran nas copisterías os distintos medios que teñen para reproducir traballos de forma dixital, que sempre saen moito máis baratos que encargalos ás imprentas ou empresas profesionais.

SUBIR

U.D. Nº 9: CARTELÍSTICA

Esta Unidade, xunto coa U.D. 8 anterior, de ROTULACIÓN E TIPOGRAFÍA, son outras das unidades didácticas máis importantes para o ciclo medio, porque tamén ven definida no Currículo do Ciclo, dentro da Unidade de Competencia 2: "Realizar as actividades de animación do punto de venda", como realización: "Manter actualizada a información para orientar adecuadamente á clientela no punto de venda, elaborando e situando os carteis do establecemento e as etiquetas dos produtos segundo os procedementos e os obxectivos comerciais establecidos" . Entre outros puntos especifica:

"Confeccionaranse os carteis precisos (de prezos, promocións, seccións e outros) aplicando as técnicas máis adecuadas de rotulación (tipos de letra, técnicas de escritura) e manexando programas informáticos de autoedición".

"Marcarase, segundo instrucións recibidas, os sentidos de circulación precisos dentro do establecemento utilizando técnicas e principios de merchandising".

"Combinarase correctamente a forma, a cor, a textura e o tipo de letra, para lograr o mellor contraste e harmonía nos carteis e unha doada lectura á distancia adecuada".

"Na realización dos carteis promocionais expresaranse con claridade e exactitude as seccións e produtos en promoción".

Este tema pretende orientar ó alumnado na confección e colocación da cartelística, así como a toma de conciencia da súa importancia dentro do punto de venda para a orientación da clientela.

O alumnado aprenderá a clasificar os carteis, a deseñalos e confeccionalos utilizando as técnicas e as cores adecuadas mediante a utilización de programas informáticos (moi importante nesta parte de cartelística)

Destacar a importancia de fomentar a confección dos distintos tipos de carteis utilizando o ordenador e os programas CorelDraw, FreeHand, entre outros de deseño.

SUBIR

U.D. Nº 10: AMBIENTACIÓN DO PUNTO DE VENDA

A ambientación no punto de venda é outra máis das unidades importantes para o ciclo medio, xa que ven definida no Currículo do Ciclo, dentro da Unidade de competencia 2: "Realizar as actividades de animación do punto de venda", como realización: "Quentar puntos fríos para incrementar o volume de vendas", tendo como criterios de realización os seguintes:

"Colócanse as illas precisas, co fin de atrae-la atención da clientela sobre os produtos de oferta ou promoción".

"Situarse as áreas de base necesarias para forza-lo percorrido d@ comprador/a por gran parte do establecemento".

"Colócanse os indicadores visuais precisos que lle sinalen @ client@ onde se atopan as áreas promocionais"

"Organízanse as actuacións puntuais de promoción necesaria, de acordo coas especificacións recibidas (demostración de funcionamento e utilización de produtos, degustacións, centros de atención e animación), informando de promocións, artigos e oportunidades.

Na introdución, inclúense artigos de prensa con opinións moi personalizadas sobre os diferentes aspectos da APV, que resultan interesantes para que o alumnado coñeza as opinións dos propi@s consumidor@s.

A continuación descríbense os medios e técnicas máis utilizados na ambientación do punto de venda, que resultará máis interesante si visitan os establecementos do entorno e reflexionan sobre cales son os obxectivos que pretenden alcanzar.

Por último o alumnado aprenderá a diferenciar os distintos tipos de ambientación que pode atopar nun establecemento comercial.

Este tema é importante, tamén, para que o alumnado se anime a facer prácticas de ambientación no propio centro educativo, colaborando coas actividades que se desenvolvan ou eventos que se vaian celebrar. A estas alturas de curso, primeira avaliación, unha das actividades de animación a realizar sería ambientar o centro polo Nadal. En canto a conmemoracións están aos do 17 de decembro do Estatuto de Autonomía e o 10 de decembro que é o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

SUBIR

U.D. Nº 11: PUBLICIDADE NO PUNTO DE VENDA

A importancia da U.D. nº 10 AMBIENTACIÓN, traspásase a este tema de PUBLICIDADE e o que virá a continuación de PROMOCIÓN, xa que as tres unidades son complementarias unha das outras, e polo tanto, os criterios de realización definidos na UD anterior, son de aplicación nas tres unidades.

Nesta unidade trátase de que o alumno ou alumna teña unha visión global sobre as posibilidades que ten a publicidade dentro e fora do establecemento de cara a competir no mercado. Hoxe as distancias sálvanse con facilidade e a tecnoloxía avanzou o suficiente como para que un pequeno establecemento comercial, con moi pouca inversión para gastos de publicidade poda desenvolver campañas publicitarias importantes, que podan chegar á clientela directa ou indirectamente.

Trátase de conseguir, a un nivel baixo, que o alumno ou alumna teña claro cales son os obxectivos polos que vai facer a campaña publicitaria e como poder transmitilos ou informalos a unha empresa especializada, no caso de ter que recorrer a este medio (o que no argot de marketing coñécese como briefing).

Coñecer os medios publicitarios e sobre todo, aprender a manexar os programas informáticos que lle facilitarán a realización das campañas publicitarias, mediante actividades moi sinxelas, para que podan ser utilizadas nos establecementos, facilitará incorporación do alumnado á vida laboral e a establecer o seu propio negocio. Inclúese a posibilidiade de instalación dos programas Macromedia FreeHand e Gif Animator, para poder realizar as actividades que se propoñen.

En canto a lexislación sobre publicidade, indicase o suficiente e necesario, pero tamén se dan as posibilidades ao alumnado de poder ampliar coñecementos recorrendo á lexislación vixente que se ofrece na mesma páxina.

Para poder ver e escoitar os temas audiovisuais que se inclúen na páxina, dáse a URL que o programa utilizado, Quic Time, ten en Internet para poder baixalo.

SUBIR

U.D. Nº 12: A PROMOCIÓN

As unidades 10, 11 e a presente unidade 12, son unidades que se entrecruzan e se complementan na ambientación do punto de venda, e, como se indica na información da unidade 10, a súa importancia está recollida do Currículo do Ciclo, dentro da Unidade de competencia 2: "Realizar as actividades de animación do punto de venda", como realización: "Quentar puntos fríos para incrementar o volume de vendas", tendo como un dos criterios de realización o que se indica a continuación:

"Organízanse as actuacións puntuais de promoción necesaria, de acordo coas especificacións recibidas (demostración de funcionamento e utilización de produtos, degustacións, centros de atención e animación), informando de promocións, artigos e oportunidades.

Destacar nesta unidade tan básica, a necesidade de que o alumnado visite os establecemento do entorno, incluso podan realizar excusións programadas a outro tipo de centros mais grandes como grandes almacéns, grandes superficies, centros comerciais, etc., para que actualicen coñecementos, pois na área de promoción aparecen diariamente novas fórmulas.

Importante tamén neste tema que o alumnado consiga identificar as promocións cos obxectivos que se pretenden acadar, e que ter en conta as previsións e coñecer o protocolo de planificación dunha campaña de promoción.

Por último, destacar neste tema a lexislación vixente, e que o alumnado debe identificar os distintos tipos de vendas promocionais que pode utilizar atendendo á lexislación.

 

SUBIR

U.D. Nº 13: ESPAZOS EXTERNOS

Esta unidade trata exclusivamente o tema da fachada, introducindo ó alumnado nos aspectos de decoración. Aquí é necesario que o alumnado analice as diferentes tendencias de fechadas, segundo o tipo de establecementos. Para iso é conveniente utilizar cámaras dixitais e fotografar as fachadas dos establecementos do entorno. Coa proxección destas fotografías, o alumnado poderá analizar ademais do tipo de fachadas os rótulos dos establecementos e se os nomes son ou non os máis adecuados.

Faise unha introdución dende o punto de vista exterior (da fachada) do escaparate e os seus materiais, como un dos elementos que será o foco de atracción do público. (Lembrar que na U.D. 3, estudábase ó escaparate dende o punto de vista interior (implantación establecemento).

SUBIR

U.D. Nº 14:

As técnicas de escaparatismo é outra máis das unidades importantes para o ciclo medio, xa que ven definida no Currículo do Ciclo, dentro da Unidade de competencia 2: "Realizar as actividades de animación do punto de venda", como realización: "Montar o escaparate previamente definido, transmitindo a imaxe desexada do establecemento e respectando as normas específicas de seguridade ", tendo como criterios de realización os seguintes:

    • Identificar a imaxe que se vai transmitir e os parámetros que determinan o escaparate definido:
      • Dimensións, elementos que o compoñen (produtos e tipo de materiais de composición, distribución, períodos de montaxe, normas de seguridade, instalación de iluminación, e volumes.

    Organízase a montaxe do escaparate determinando:

    Ferramentas que se van utilizar, fases de execución segundo o tempo establecido, aprovisionamento e preparación dos materiais, instalacións precisas.

    Na execución da montaxe dispóñense, estúdaranse, manipúlanse e transfórmanse os materias con habilidade, tendo en conta técnicas de cor, características físicas dos produtos e materiais e a normativa de seguridade para conseguir o efecto adecuado.

    Modifícanse os escaparates periodicamente, cambiando os produtos e demais compoñentes de acordo coas especificacións recibidas.

    En pequenos establecementos, defínese o escaparate que se vai montar en función do tipo de clientela da que se quere captar a atención, potencia o/s artigo/s con elementos decorativos adecuados e remarcando as diferenzas da oferta do establecemento con respecto á competencia.

A execución destes criterios de realización definidos, están repartidos entre as unidades números 14, 15 e 16, correspondendo a esta unidade as que se refiren as técnicas e funcións do escaparatismo.

Esta unidade está enfocada nas súas actividades prácticas dende o punto de vista da análise da imaxe que se desexa transmitir e os parámetros que determinan un escaparate.

SUBIR

U.D. Nº 15:

Nesta unidade, os criterios de realización nos que se fan fincapé son a organización da montaxe do escaparate (ferramentas, materiais, características da cor, características físicas dos produtos e materiais, normativa de seguridade e hixiene, etc.

Outra dos criterios de realización que se ven nesta unidade son como se debe definir distintos tipos de escaparates para captar e atraer a atención da clientela .

As actividades neste tema están enfocadas dende un punto de vista práctico e moi manual. O alumando deberá utilizar ferramentas como cámaras dixitais, programas de deseño e de fotografía, confeccionar atrezos utilizando as ferramentas adecuadas para cada material, utilizar o debuxo xeométrico a moi baixo nivel e trucos para utilizar o debuxo artístico.... Estes atrezos ou elementos decorativos que se elaboren durante esta unidade serán aproveitados na seguinte para montar distintos tipos de escaparates.

 

SUBIR

U.D. Nº 16:

Esta é a terceira unidade didáctica que trata sobre o escaparate. Neste caso refírese á execución ou montaxe do escaparate, que tamén están contemplados nos criterios de realización previstos para este Módulo e que se indican máis arriba, no apartado da U.D. nº 14.

Trátase de que @ alumn@ sexa capaz de realizar a montaxe dun escaparate, ben individualmente ou nun grupo de tres alumn@s como máximo, simulando todos os pasos que tería que dar ata chegar o momento da súa execución e montaxe. A montaxe do escaparate sería o que se cualificaría. Para iso, deberá, en función dun suposto establecemento previamente seleccionado, planificar a execución dos escaparates de todo un ciclo económico, calculando o orzamento que hai que destinar para a realización dos escaparates (aínda que, normalmente, este gasto vaia incluído no apartado de comunicación dunha empresa), explicar cales son os obxectivos que pretende conseguir co escaparate que vai montar, indicación dos medios materiais de ambientación e ferramentas a utilizar (vistos na U.D. 15) e a elaboración do bosquexo, e, por último, execución do escaparate (en tres horas como máximo) tendo en conta os aspectos técnicos, de seguridade, etc.

SUBIR