INTRODUCIÓN

 

Este proxecto pretende ter en consideración seis puntos importantes para a formación do alumnado galego, como son os seguintes:

 
A programación didáctica axústase ó Decreto 234/2000, do 13 de setembro, publicado no DOG, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en comercio.
 
Está elaborado con recursos multimedia interactivos, nun formato moi utilizado polo alumnado, como é o formato de páxina web, mediante o que poderá navegar e obter información directa sobre as dúbidas que se lle presenten, ou ter a man, de xeito máis directo, enlaces con outras páxinas onde poder obter información.
 
Utiliza a Lingua Galega, tal e como esixe a Lei de Normalización Lingüística de Galicia para os Ciclos Formativos
Pretende atender varios contidos transversais, como é o da coeducación, coidando os exemplos e as prácticas que propón e o medio ambiente.
Tratará de formar ó alumnado na tecnoloxía da información e da comunicación, ofrecéndolles a través das prácticas que se propoñen a posibilidade de buscar información en Internet e, sobre todo, ensinarlles a utilizar, clasificar e seleccionar esa información.
Por último, este proxecto pretende ter en conta a diversidade do alumnado aplicando distintos niveis de prácticas para cada caso.