U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > RECURSOS ESCAPARATISMO > TRUCOS > Visuais I
   

EXEMPLO 1: Neste caso, simúlase un fondo dunha rúa dunha gran cidade tan só debuxando unha serie de liñas rectas, simulando edificios. É un montaxe de baixo custo.

É moi fácil de crear a sensación de perspectiva natural: un efecto óptico que nos acerca a unha paisaxe urbana, onde se atopan uns nenos con vestimenta de inverno. Os edificios poden pintarse sobe papel ou sobe tea. O fondo e as cores dos edificios, dependerá da ambientación que lle queiramos dar aos produtos expostos.

EXEMPLO 2: Aquí trátase de conseguir un equilibrio na cor, nas formas, na distribución do atrezo e os produtos. É un deseño fácil de crear e de baixo custo: Recórtanse tres plataformas de cartón foam tendo en conta que as súas cores deben ser das tonalidades do produto que se vai expoñer. Estes elementos cólganse do teito con fíos de nailon (resistentes). Os soportes onde repousan os artigos son tamén do mesmo material, foam, e da mesma cor. Estarán reforzados por detrás con variñas de aceiro. Este exemplo, permite ó público contemplar o produto detidamente, con calma e atención nun ambiente que transmite sensación de relax e benestar.
   
   

EXEMPLO 3: Si o establecemento comercial responde a unha clientela de elite, será preciso apostar por unha imaxe global equilibrada. Para isto, hai que ter en conta tres puntos:

Omitir todos os excesos innecesarios: a nivel de atrezo e de produto.

Coordinar a cor formando grupos de familias cromáticas.

Presentar só os produtos máis representativos e esquecernos daqueles elementos de decoración que rompen a harmonía da cor.

EXEMPLO 4: O papel de fondo, fai que resalte con máis protagonismo a cor das prendas. O efecto óptico que crea é impactante, e chama atención do público.

É unha montaxe de baixo custo, so habería que forrar os paneis co papel adecuado nas cores e o efecto óptico que se intenta transmitir. Este tipo de papel, pode atoparse en calquera establecemento de papelería ou pode recorrerse ó papel pintado para paredes
   
   
Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver