U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > RECURSOS ESCAPARATISMO > TRUCOS

@ comerciant@ sabe que o obxectivo principal do escaparate é xerar a atracción, o interese e o estímulo da clientela que mira ó produto exposto. Sabe que hai que agudizar o enxeño para buscar novas ideas e solucións orixinais que o diferencien dos demais. Para estimular a curiosidade e atracción do público, pódense empregar algúns trucos:

VISUAIS: Un recurso en escaparatismo é o truco visual. O truco visual pode estar creado polo equilibrio das cores, das formas, da distribución dos elementos decorativos e os produtos ou tamén polo movemento (que é o maior foco de atracción) e a iluminación. A continuación, ofrécense exemplos de distintos ambientes fáciles de crear.
MACROFOTOS: O avance das novas tecnoloxías e da fotografía dixital, permite obter grandes fotografías que se colocan no escaparate como un gran foco de atracción visual. O seu uso medra cada vez máis debido o seu gran impacto visual e o baixo custo que representa. É un recurso que non require demasiado esforzo creativo, pero que ben elixida permite establecer unha comunicación co público que vai dende a sedución e namoramento ata a diversión eo sorriso. En calquera caso, a súa intención é captar ó público e atraelo.
ATREZO DE BAIXO CUSTO: A falta de medios pode suplirse con esforzo e imaxinación. Hai que saber adaptarse ás posibilidades que se ten ó alcance, sen que repercuta na creación dun bo traballo. As grandes firmas dispoñen de grandes orzamentos para escaparatismo, o que permite expandir a creatividade do escaparatista dando renda solta ó seu enxeño sen reparar nos custos, pero a maioría dos pequenos establecementos teñen un orzamento moi axustado, por iso require unha dose máis elevada de imaxinación.
ESPAZO MÍNIMO: Os escaparates pequenos son un problema para exhibir os produtos. Nas propostas que se fan a continuación, pódense ver como a pesar de todo se lles pode sacar un rendemento moi alto.
COMO DISIMULAR OS FONDOS ABERTOS: Nos seguintes exemplos podemos ver distintos trucos que permiten separar o espazo real do escaparate do resto da tenda.
OBXECTOS DE USO COMÚN: Artigos que forman parte do noso entorno doméstico para usar en escaparatismo
REGRAS QUE HAI QUE CUMPRIR NUN ESCAPARATE:
 
Todos os produtos e artigos expostos deben levar indicado claramente o prezo. Segundo estudos realizados en nove de cada dez casos o coñecemento do prezo é decisivo para entrar no establecemento
O nome do comercio ten que vir indicado en algún espazo do escaparate que poda ser facilmente transeúnte. O gravado do nome do establecemento no cristal é un bo recurso, ou no fondo, formando parte do atrezo.
A sinxeleza e o dinamismo aplicados en relación co escaparate conseguen atraer a mirada do público.
Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver