U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > Ferramentas para traballar metais

Para traballar as láminas de mental ou arames, necesítanse unhas ferramentas especiais, entre as moitas que hai, dáse a continuación unha pequena mostra que debe haber nun taller de escaparatismo:

Alicates universais
Poden dobrar, suxeitar, e manipular arame e chapa. Estes alicates, que se chaman así porque poden utilizarse con todo tipo de material, teñen unhas grosas mandíbulas, cunha punta cadrada e dentada no seu interior, para suxeitar as pezas con maior facilidade. Aguantan obxectos planos e cilíndricos e levan incorporado un cortador de arame.
Alicates de punta
Teñen unhas mandíbulas finas e longas o que lles permite penetrar en lugares estreitos e dobrar chapa e arame..
Chave de mordaza

Regúlase mediante unha rosca e a presión que exerce regúlase por medio dunha panca de apertura.

Torno de base xiratoria
É o torno máis práctico. Vai parafusado ó banco de traballo e debe estar en concordancia co tamaño das pezas coas que se traballa. Posúe unhas mandíbulas dentadas coas que garante unha perfecta suxeición. Pódense introducir protectores de fibra, para evitar que a peza poda danarse.
Serras
No mercado hai un abanico de serras para metais manuais e outras que se poden inxerir nunha serra de calar . Para os metais duros como o aceiro, os dentes deben ser finos. Para serrar pezas grosas

Vistas na parte de madeira.

Tesoiras
Son moi útiles para traballar o metal. Hai tesoiras de latoeiro, que se utilizan para cortar chapa ou as tesoiras correntes.
Limas

Deixan un acabado pulido e limpo e supoñen o último paso que hai que facer. Existen moitas variedades delas no mercado, dende a plana á media caña, cadrada, redonda ou triangular.

Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver