U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > RECURSOS ESCAPARATISMO > COÑECEMENTOS DEBUXO
É necesario aprender uns coñecementos mínimos de debuxo xeométrico e debuxo artístico para deseñar e confeccionar parte do atrezo do escaparate. Non é necesario ser uns profesionais para poder debuxar ou construír pequenas cousas, aprendendo unhas poucas técnicas ou trucos que nos permitirán elaborar atrezos para pequenos escaparates.
 
Material de debuxo xeométrico:
 
Para o tipo de debuxo xeométrico que se necesita realizar para construír liñas, círculos, polígonos estrelados e paralelepípedos, so necesitamos o seguinte material:
 
 

A regra graduada: Xeralmente a escala 1/100, serve fundamentalmente ara transportar dimensións, medir segmentos e, incluso, trazalos. A súa lonxitude pode oscilar entre 30 e 100 cm., graduados en milímetros. O dobre decímetro (escala de medio milímetro) e o escalímetro (ten seis escalas diferentes e permite transportar medidas dunha escala a outra) son regras que teñen a vantaxe de contar con diferentes escalas

  A escuadra e o cartabón: A escuadra en forma de triángulo rectángulo isósceles, e polo tanto dous dos seus catetos son de igual lonxitude e forman entre si un ángulo de 90º, e de 45º a hipotenusa. O cartabón ten forma de triángulo rectángulo escaleno, sendo a hipotenusa de dobre lonxitude que o cateto menor. Os catetos forman entre si un ángulo de 90º e, coa hipotenusa, un de 30º e outro de 60º.
 
Compás: Instrumento para trazar arcos de circunferencias e tomar distancias, formado por dous brazos articulados rematados un en punta e outro en algún complemento para debuxar (mina de lapis) ou para rotular (permite colocar un rotulador).
   
 
Exercicios de debuxo xeométrico:
 
 
Trátase de aprender a utilizar o material anterior para construír polígonos e figuras xeométricas:
   
 
Debuxo artístico:
 

Para realizar uns pequenos debuxos que permitan elaborar peixes, bolboretas, follas, árbores, etc. non é necesario máis material que un lapis, unha goma, ou rotuladores. A continuación danse unha serie de trucos que nos permitirán debuxar obxectos, sen demasiada dificultade.

Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver