U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > RECURSOS ESCAPARATISMO > TRUCOS > Visuais II

EXEMPLO 5: Outro efecto óptico que se pode utilizar, é o trampatoxo, técnica de pintura moi vistosa que obriga ó público a deter o paso.

Para realizar este tipo de escaparates hai que ser profesionais do debuxo e da perspectiva.

As posibilidades desta técnica son infinitas e moi atractivas. Axústase a escaparates de produtos informais, roupa para xente nova, indumentaria deportiva, artigos para o mercado infantil, etc. No caso de utilizar esta técnica para presentar produtos máis sobrios e depoder adquisitivo alto, os efectos ópticos deberán manter unhas liñas espidas e non exceder dos bicolores

EXEMPLO 6: Os globos son outro recursos óptico moi recorrido nos escaparates e que chama moi a atención. Pódense poñer en movemento ou fixos, dependendo do tipo de escaparate.

Normalmente utilízanse para escaparates de produtos infantís, polo seu colorido. Neste caso, si atamos aos manenquís un globo na súa man e colocamos un ventilador situado estratexicamente dará vida aos globos que se manterán en movemento constante e lixeiro.

O seu custo é moi baixo e o efecto óptico está garantido.

Tamén poden utilizarse para outro tipo de escaparates, onde igualmente chamarán a atención.

   
   

EXEMPLO 7: A simple colocación de bolsas de distintas cores vistosas, crea un efecto óptico importante que detén ó público para observar os produtos do escaparate.

É un recurso de moi baixo custo. As bolsas están suspendidas con fíos de nailon dende o teito do escaparate, a distintos niveis. Neste caso trátase de bolsas que serven de envoltorio aos produtos de lencería do establecemento, anunciando a promoción que se fai en cada produto.

EXEMPLO 8: O efecto óptico que se propón neste escaparate, é ideal para chamar a atención do público sobre os pequenos obxectos de decoración que expón o establecemento.

Trátase de confeccionar, mediante a utilización de pranchas de porexpan, ou de aglomerado (de 10 mm de grosor) un soporte, con forma de ortoedro, que se forrará cun papel vistoso, como no caso do exemplo, e se colocarán unhas tapas de cores que contrasten co forro do soporte e os produtos expostos. Para pronunciar máis o efecto óptico, cólganse do escaparate con forma redonda as flores reflectidas no papel dos ortoedros.

   
Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver