U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > RECURSOS ESCAPARATISMO > TRUCOS >Atrezo
   

EXEMPLOS 1: Nestes exemplos vemos como as caixas de cartón ben forradas, serven de soporte e como atrezo nun escaparate, neste caso de bebés cos fondos forrados de papel, imitando a unha habitación.

No seguinte exemplo, simplemente uns randeeira con base forrada de papel e pendurando do teito do escaparate con cintas de envolver agasallos. Na fronte teñen unha imitación de valo feito con madeira, dando a sensación de estar no campo. O valo pódese poñer pegado ó fondo do escaparate para que dea sensación de máis liberdade.

EXEMPLO 2: Os tecidos, cartóns, papeis, etc, poden resultar prácticos tamén como cortina de fondo, si se aplican co bo gusto, a vaporosidade e elegancia dun drapeado pode formar parte do atrezo do escaparate, como veremos nos seguintes exemplos. Se o establecemento é de complementos e tecidos para o fogar, pode utilizalo como atrezo combinando tecidos e produtos.

Sobre todo o tecido, é un recurso moi utilizado, e de baixo custo que se utiliza como material de atrezo na confección dos escaparates
   
   
   

EXEMPLO 3: Outro recurso que se pode utilizar como atrezo de baixo custo é unha escaleira, como se pode observar no escaparate que se presenta a continuación.

EXEMPLO 4: Pódense utilizar os artigos que se venden no establecemento para crear colaxes ou composicións sobre unha cortiza ou porexpan, forrado de negro ou outra cor en tela ou papel. Isto é típico da xoierías, e bixutería.

Neste exemplo trátase dunha papelería. Ten porexpan, colgado do teito con nailon, forrado con papel negro onde se colocan, mediante alfinetes, distintos produtos elixidos pola súa cor vistosa en contraste co negro. Ademais, penduran letras que fan referencia ó tipo de produtos expostos.

   
   
Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver