Antitrazas
Traza = designación común a varias especies de insectos coleópteros que teñen unha larva que destrúe o papel, a madeira, a pel e outros materiais semellantes.
Código de barras Chamado código EAN. Sistema europeo de identificación de artigos de gran consumo para facilitar o seu tratamento no punto de venda.
Competencia Persoa ou empresa coa que se mantén rivalidade
Cuantitativa Que ten en conta a cantidade de algo.
Cueiro
Pano ou tira doutro material que se lles pon ós meniños ou adultos para recoller os seus excrementos
Demanda
Cantidade de produtos ou de servizos que un comprador ou unha compradora está dispost@ a adquirir a cada nivel de prezo.
Denominación de orixe
Ou marca colectiva: Marca pertencente a unha asociación de produtor@s u organismo especializado, que é usada pol@s soci@s autorizad@s como símbolo de pureza de orixe ou garantía de calidade, mantendo estrictos controles da asociación. Represéntase a miúdo cun debuxo ou símbolo sinxelo.
Detallistas
Comerciantes que se dedican a vender mercadorías directamente @ consumidor/a final (comercio polo miúdo). Mercan normalmente a un ou varios maioristas (comercio polo xunto), aínda que algúns grandes fabricantes lles subministran directamente.
Estratexia Plano, método ou política deseñada para conseguir determinados obxectivos. Por exemplo, a estratexia comercial ou de vendas, de comunicación ou publicitaria, de distribución, de prezos e marcas, de persoal, financeira, de produción e informática
Línea de produtos Conxunto homoxéneo de produtos que cubren unhas necesidades similares e que se ofrecen ó consumidor ou consumidora baixo unha mesma marca.
Luvas Peza de vestir que cobre as mans e os dedos
Marca
Signo distintivo dun produto da industria, do comercio ou do traballo, que o diferencia de outros produtos similares
Marca de distribuidor/a
Marca similar á marca branca, coa diferencia de que non é obvio para @ consumidor/a que se trata dunha marca propiedade da cadea de establecementos e que pode ter fabricantes distintos. O deseño da etiqueta e o prezo ó que se vende o produto é similar ó da marca d@ fabricant@ , polo que o obxectivo d@ distribuidor/a non é aumentar as vendas ou dar imaxe de barato, senon mellorar a marxe, xa que o prezo de custo sí é menor.
Obsoleto Que caeu en desuso; anticuado, antigo, arcaico
Potencial Posible, pero todavía non real.
Referencia Unidade de venda perfectamente identificada mediante un número que corresponde a un artigo dunha determinada talla, tamaño ou envase
Segmento Conxuno de compradores e compradoras con características homoxéne@s
Valor engadido
Incremento do prezo obtido en cada fase do proceso produtivo. O valor engadido obtense deducindo do prezo do produto terminado os custos de todos os materiais e servizos adquiridos do exterior que se necesitaron
T.P.V.
Siglas de Terminal Punto de Venda (programa de ordenador onde quedan rexistradas as entradas e saídas de mercadorías)
Programación UD6Índice UD6Glosario UD6Esquema UD6Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas