U. D. 6: SELECCIÓN DO SURTIDO > FUNCIÓNS DO SURTIDO ADECUADO
A selección do surtido debe aportar as vantaxes seguintes:
Fronte á competencia:
O pequeno comercio segue a tendencia da especialización do surtido para facer fronte á ameaza que supoñen as grandes superficies de venda. Cando un establecemento comercial tradicional transfórmase en libre servizo, o máis normal é que realice algúns cambios no se surtido
Para modificar o surtido é necesario:
 
Eliminar produtos obsoletos e de baixa demanda para actualizalos
 
Ofrecer só os produtos adecuados ás necesidades da demanda que cubre o seu segmento da clientela.
 
Procurar compoñer surtidos máis profundos a prezos máis atractivos (especialización)
 
Estudar e observar constantemente á competencia e diferenciarse sempre dela.
Cando un ou unha comerciant@ acerta na selección do conxunto de referencias suponse que captará unha parte d@s potenciais consumidores/as @s que van dirixidas, que elixirán a súa tenda e, polo tanto, serán futur@s client@s que non mercarán na competencia.
Éxito:
Cada punto de venda debe ofrecer á súa clientela o surtido que esta desexa atopar. Se sabe que @s consumidor@s que comparten un mesmo estilo de vida tenden a satisfacer unha mesma necesidade con produtos similares. Isto axuda a seleccionar o surtido máis adecuado. Tampouco hai que esquecer que calquera cambio inadecuado na composición do surtido cando a súa clientela está consolidada, pode poñer en perigo o éxito dun establecemento e perder parte da mesma.
 
Facilitar a xestión do punto de venda:
Cando un surtido está correctamente seleccionado e ben clasificado, permite:
  Que a clientela localice máis facilmente o produto.
  Que @ comerciant@ coñeza de xeito máis preciso canto e como se vende cada produto, sobre todo coa axuda que representan os programas informáticos de T.P.V.
  Repoñer os produtos na área de vendas con maior rapidez e comodidade.
Programación UD6Índice UD6Glosario UD6Esquema UD6Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas