U. D. 6: IMPLANTACIÓN SURTIDO > Concepto e clasificación > Clasificación segundo tipo de demanda
 
 
O surtido pódese clasificar tamén atendendo o tipo de demanda, é dicir, a necesidade que cobre en relación co prezo que ten un produto. Así pode haber distintos tipos de surtido dentro dun mesmo punto de venda:
   
SURTIDO DE LUXO
EXEMPLOS
Fórmano aqueles produtos que cubren as necesidades de prestixio e distinción mediante á imaxe que ofrecen aos demais. Trátase de produtos e servizos de prezo superior ó da media e normalmente funcionan como produtos complementarios nun punto de venda.
     
SURTIDO DE MARCA

A comercialización de produtos baixo unha marca é cada vez máis frecuente e é unha tendencia que vai a máis, tanto nas marcas como nas denominacións de orixe, para garantir a calidade do produto. Os primeiros produtos que se comercializaron baixo unha marca de distribuidor/a foron os de alimentación. En vista do éxito, @s distribuidor@s decidíronse a comercializar outros produtos de consumo masivo non alimentarios.

O surtido de marca está constituído por un conxunto de produtos comercializados por un determinado distribuidor ou distribuidora que decidiu aproveitar o seu prestixio, utilizando o seu nome e ofrecendo unha boa relación calidade-prezo. O surtido de marca comprace á clientela porque se gañou a súa confianza.

     
SURTIDO ECONÓMICO  
Este é un surtido que pretende cubrir a demanda que busca sobre todo os prezos máis baratos.
     
SURTIDO DE TEMPADA  
Este tipo de surtido trata de cubrir demandas temporais, e o seu prezo é variable
Programación UD6Índice UD6Glosario UD6Esquema UD6Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas