U. D. 6: SELECCIÓN DO SURTIDO > CONDICIONAMENTO DA SELECCIÓN
@ comerciant@ actual, no seu papel de "merchandiser" ou encargad@ do establecemento, ten que ter en conta algúns factores para saber cal é o surtido que comprace as necesidades da súa clientela. Os máis importantes serían:
O espazo na superficie de vendas:
En calquera sala de vendas, grande ou pequena, o espazo sempre é limitado e hai que aproveitalo. Cando se selecciona o surtido hai que coñecer cal é o espazo disponible para a súa exposición. Cada cm da sala de vendas custa diñeiro, un espazo baldeiro está pagando o "aluguer" aínda que non se exhiba un produto.
Tamén hai que ter en conta que a selección do surtido vai asociada a xestión do lineal, polo que cando se toma a decisión de incorporar unha nova liña hai que ter en conta o tamaño dos produtos e o tipo de lineal que se utilizará.
A coherencia do surtido:
Ademais da amplitude e profundidade adecuada, un surtido debe ser coherente, é dicir, cada artigo ou cada familia de produtos debe ter unha profundidade similar ou ben unha especial vinculación duns produtos con outros. Isto condiciona a selección do surtido.
Exemplo:
   
 
Seguindo o exemplo anterior, o surtido sería pouco coherente si na sección de impresoras ofrecera 6 referencias dunha marca e 2 de outra. Pero é coherente porque ten unha sección dedicada a complementos informáticos, que favorece as compras por impulso.
As posibilidades de aprovisionamento:
Unha das cuestións que hai que ter en conta cando se selecciona o surtido, é informarse sobre @s provedor@s e elixil@s ben, xa que moitas veces carecen da capacidade para o subministro, existen problemas co transporte, volume do pedido, almacenamento, etc.
Exemplo:
  No caso do exemplo anterior, unha das complicacións máis frecuentes, son os cumprimentos dos prazos no subministro da mercadoría.
A inversión, as marxes e os riscos:
@ comerciant@ ten que valorar tamén outros aspectos cando selecciona o surtido, relacionados coas formas de compra e as condicións de pagamento que @s provedor@s ofrezan. A capacidade de inversión de compra de mercadorías, a fixación das marxes do beneficio e a complexidade de xestión do surtido.
Estes factores son cada vez máis determinantes na actual distribución para poder ser competitivos, o que explicaría a enorme proliferación de outras fórmulas para a distribución do comercio polo miúdo como poden ser os grupos de compras, o sistema de franquía, etc.
Programación UD6Índice UD6Glosario UD6Esquema UD6Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas