U. D. 6: IMPLANTACIÓN SURTIDO > Concepto e clasificación > concepto e clasificación por niveis
Fai tempo, @s comerciant@s elixían para poñer a venda os produtos que lles traían @s provedor@s, sen ter en conta as necesidades d@ consumidor/a, nin a demanda da súa clientela. Na elección do surtido @ comerciant@ ten que ter en conta unhas limitacións importantes: ofrecer a máxima cantidade de produtos segundo as necesidades da súa clientela, adaptarse ó espazo físico da tenda e por último, a cantidade de diñeiro (a inversión) que pode destinar a mercar eses produtos.
CONCEPTO SURTIDO:
O surtido é o conxunto de referencias ou produtos que se comercializan nun punto de venda
CLASIFICACIÓN DO SURTIDO POR NIVEIS:
Esta clasificación consiste en ordenar o conxunto ou miles de referencias nunha serie de niveis etiquetados cun nome. @ encargad@ do punto de venda debe ser consciente da evolución experimentada nas novas tecnoloxías que lle permitirán xestionar o surtido utilizando programas informáticos específicos e, para os que necesitará esta división.
Dependendo do tipo de establecemento comercial e do seu surtido, o número de niveis variará, xa que non é unha regra fixa.
Os principais niveis ou divisións do surtido que se poden utilizar son:
 
DIVISIÓNS, por exemplo, nun hipermercado: ALIMENTACIÓN e NON ALIMENTACIÓN
 
SECTORES OU DEPARTAMENTOS: Constitúen os grandes centros de actividades dun comercio. Por exemplo, seguindo co hipermercado: dentro de alimentación perecedoiros e non perecedoiros
 
SECCIÓNS: Son unidades de negocio administrativas e contables. Seguindo co exemplo do hipermercado: dentro dos perecedoiros, os lácteos.
 
FAMILIAS: Agrupan unha serie de artigos que se corresponden con unha mesma necesidade. Seguindo co hipermercado dentro dos lácteos, os iogures.
 
SUBFAMILIAS: Divisións que se marcan dentro dunha familia. Seguindo co exemplo anterior, iogures con froitas
 
ARTIGOS: Correspóndese con nomes comúns, por exemplo, iogures de fresa.
  REFERENCIAS: Designa un artigo específico. Son as unidades de venda. Existirán tantas unidades de venda como marcas, tamaños, envases, modelos, cores, prezos, etc. Identifícanse polo código de barras.
   
Programación UD6Índice UD6Glosario UD6Esquema UD6Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas