U. D. 6: XESTIÓN DO SURTIDO > Paneis de información
Un panel de información é unha ferramenta que pode se utilizado polas empresas para obter información sobre determinados aspectos (consumidor@s e produtos, principalmente). Existen dous grandes paneis de información importantes:
Panel de consumidor@s: http://www.acnielsen.es/site/Index.htm
     
 
Conxunto de fogares que son controlados periodicamente por unha firma especializada para obter datos sobre compras, consumos e prezos de diferentes produtos e marcas. É complementario do panel de detallistas, xa que ofrece tamén os consumos de produtos non mercados nas tendas. Ó ser estatisticamente representativo e estable, facilita a investigación d@ consumidor/a cuantitativa, e especialmente a análise da evolución do consumo.
       
Panel de detallistas: http://www.acnielsen.es/site/Index.htm
       
 
Conxunto de tendas que son controladas periodicamente por unha firma especializada para obter datos sobre compras, vendas, existencias e prezos de diferentes produtos e marcas. O panel vaise actualizando para manter a súa representatividade sobre o universo de tendas e substituír ás que se dan de baixa. É complementario do panel de consumidores/as, xa que ofrece as compras e existencias na canle de distribución.
 
Unha das empresas máis coñecidas é ACNielsen. O seu Panel de Detallistas é unha ferramenta estratéxica que proporciona información de gran calidade sobre a situación dos produtos no punto de venda.
 
Esta ferramenta de " máxima cobertura ", trata de facilitar a visión mais ampla de cada mercado, abordando unha gama moi completa de Universos que axudarán aos comerciantes na planificación estratéxica diferenciada polas canles detallistas.
 
Os universos das canles nos que traballa, fóronse incrementando considerablemente dende a implantación da compañía en España, explicando os mercados, mediante a información dos puntos de venta que se ven a continuación::
   
Hipermercados
Supermercados
Tendas tradicionais
   
Chacinerías
Leiterías
Droguerías
   
Bares
Cafeterías
Hoteis
   
Restaurantes
Discotecas e Bares Nocturnos
Farmacias
   
Tendas de electrodomésticos
Gasolineiras
Talleres de coches
   
Tendas de telefonía
Tendas de mobles
Ferrarías
Programación UD6Índice UD6Glosario UD6Esquema UD6Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas