Andel
Taboleiro ou prancha de calquera material, colocado horizontalmente ó carón dunha parede ou formando parte dun moble, que serve para soster ou colocar cousas. Moble formado con estes taboleiros ou pranchas
Captar Atraer para usar. Recibir unha sinal. Gañar, conseguir de xeito imperceptible
Etiquetaxe
Acción de colocar as etiquetas (anaco de papel, tea ou outros materiais que se fixa nun obxecto para indicar a súa marca o seu prezo, etc.) a un produto acabado.
Facing Superficie que ocupa unha unidade de produto no lineal
Familia Agrupación de artigos que presentan unha certa homoxeneidade
Felpudo
Esteira ou alfombra grosa de pelo forte que se coloca na porta das casas para limpar o calzado antes de entrar
Granel Sen envase, sen empaquetar, solto
Palet Soporte de madeira que permite transportar e amorear mercadorías no chan
Pistola laser ou symbol É unha terminal portátil coa capacidade para capturar datos lendo códigos de barras.
Rendibilidade Relación por cociente entre o beneficio e algunha outra magnitude económica
Rendibles Que producen unha renda ou un beneficio
Stock Cantidade de mercadoría que unha empresa ten almacenada en depósito para a súa utilización nun momento determinado.
Traumatismo Ferida ou lesión producida por unha violencia exterior
Programación U.D. Índice U.D. Glosario U.D. Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas