U. D. 5: O LINEAL > CONCEPTOS BÁSICOS > Lineal mínimo
 
LINEAL MÍNIMO: É o espazo de lineal (fronte) que require un produto para poder ser visualizado pola clientela. Si o fronte é demasiado pequeno, o produto non poderá ser visto.
 
A percepción dun produto e a súa identificación depende da súa dimensión, do seu volume, da súa presentación (cor, forma...) e dos produtos veciños.
 
O fronte do produto debe gardar relación co lineal asignado á sección e coas superficies do establecemento (20 cm nun establecemento de 1000 m cadrados non ten o mesmo valor que nunha superficie de 20.000 m cadrados)
 
Considérase que unha presentación mínima de tres facings é o límite, pero, como os produtos son uns máis estreitos/anchos, pequenos/grandes que outros, aplícase a medida que debe ter o fronte (20 cm. é o mínimo para unha superficie pequena e entre 40 e 50 cm, como mínimo, para unha gran superficie).
 
A capacidade de Stockaxe no lineal debe ser, como mínimo, igual ó contido dunha unidade de servizo d@ provedor/a (por exemplo, unha caixa de 12 botes ou de seis paquetes).
Os produtos de compra por impulso, como os produtos novos, requiren un fronte maior para captar a atención d@s consumidor@s.
Débese evitar a rotura de stock na sección. O fronte determinarase polas cantidades vendidas entre dúas reposicións do produto, xa que o fronte ven determinado pola capacidade do lineal.

Exemplo distribución lineal: Na sección de complementos informáticos, a familia de tintas está composta por unhas 15 clases diferentes. A anchura media do blister é de 7 cm. e a altura de 11. Disponse de 6 andeis no lineal. Calcular o lineal mínimo a ras de chan.

15 clases x 7 cm. de ancho = 105 cm.

105 cm/6 andeis = 17,5 cm de exposición mínima.

Pero, como o líneal mínimo considerado para que poda ser visualizado o produto pola clientela é de 20 cm., o lineal mínimo a ras de chan será de 20 cm.

Programación UDÍndice UDGlosario UDActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas