U. D. 5: IMPLANTACIÓN DOS PRODUTOS NO LINEAL > Variación dos niveis
As vendas dun produto poden incrementarse ou diminuír simplemente coa acción de cambiar o produto de nivel.
Distintos estudos indican que a variación dos produtos entre os distintos niveis melloran ou reducen as vendas. Si colocamos un produto no nivel dos OLLOS non ten a mesma rendibilidade que si está no nivel dos PES.
@ responsable do punto de venda debe cambiar de nivel os produtos e observar as diferenzas de vendas producidas neses períodos. Algunhas das razóns máis comúns polas que se necesita dar saída rápida aos produtos son, por exemplo, porque están a punto de caducar (caso alimentos), porque é final de temporada (roupa, zapatos...), por actualización de novos modelos (electrodomésticos, informática...), porque hai un exceso de stock e fai falta rotalos máis rápido, etc.
A continuación indícanse o resultado dun dos estudos realizados:
  Por exemplo: Un produto que ten unhas vendas de 100 a nivel do chan:
Si se cambia directamente para o nivel dos ollos, terá unhas vendas de 178 (100+78%)
Si se cambia primeiro para o nivel das mans e logo para o dos ollos, teremos unhas vendas de 218,42 [(100+34%)+(134+63% de 134)]
 
Pero si as vendas a nivel dos ollos é de 100:
Coa baixada directa, dende o nivel dos ollos ao nivel dos pes, as vendas serán de 67 (100-33%).
Pero, si o cambio faise gradualmente, do nivel dos ollos ó das mans e logo dos das mans aos pés, o nivel de descenso das vendas será menor: 48 [(100-20%)-(80-40%)]
 
Simplificando, é mellor unha subida progresiva e unha baixada directa, porque a perda de vendas é menor
 
Programación UDÍndice UDGlosario UDActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas