U. D. 5: O LINEAL > CONCEPTOS BÁSICOS > Mantemento Lineal
O lineal é algo dinámico, sofre constantes modificacións (baléiranse pola compra de produtos, póñense sucios, os prezos dos produtos varían, etc.) e para iso hai unhas tarefas básicas de mantemento que hai que realizar con frecuencia:
REPOÑER
Hai que repoñer os produtos no lineal a medida que estes se van vendendo, para levar unha xestión correcta. A norma xeral é que non pode haber rotura de stock, que todas as seccións deben estar cheas, aínda que non demasiado, polas razóns que se expoñen no botón.

FRONTEAR ou ADIANTAR
Unha norma a ter en conta cando se repón a mercadoría no lineal, é que a mercadoría que vai quedando na parte final do andel hai que movela cara ó fronte (a isto chámaselle frontear ou adiantar) e a nova mercadoría poñela na parte posterior. Diste xeito, evítase que os produtos caduquen, teñan po, etc.
LIMPAR
@ empresari@ ou @ encargad@ de planta, debe indicar por escrito, cada canto tempo é necesario limpar cada un dos elementos, non só o lineal, senón o mobiliario, os produtos, as luces, os cristais dos expositores, escaparates, etc. Esta limpeza débese facer estritamente nos prazos indicados e cando xurde algún imprevisto. Transmitir unha imaxe de limpeza é moi importante para o establecemento, sobre todo se son de comestibles.
ETIQUETAR
Deben etiquetarse todos os produtos antes de ser colocados no lineal. Os prezos tamén deben estar visibles no andel. O seu etiquetado debe vixiarse con frecuencia para evitar erros, manipulacións da clientela, etc. Esta operación realízase coa pistola láser ou symbol. A etiquetaxe estudarase máis adiante, noutra U.D.
ACTUALIZAR
É moi importante actualizar os carteis de promoción (que estudaremos máis adiante, noutra U.D.) para que podan ser visualizados pola clientela. Si estes carteis non están actualizados, pódese deixar de vender produtos que estean en promoción ou ter que vender a prezos de promoción produtos que xa non están.
Programación UDÍndice UDGlosario UDActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas