U. D. 5: IMPLANTACIÓN DOS PRODUTOS NO LINEAL > Niveis de presentación > nivel pes
O nivel dos PÉS vai ata unha altura duns 0,60 m. É o nivel menos vendedor, menos favorable dado que é o que menor visibilidade ten. A clientela ten que dobrarse e facer un esforzo, o que desanima moito.
Neste nivel resulta conveniente colocar os artigos máis pesados, con envases grandes, produtos a granel (gaiolas), felpudos, etc.
É o menos favorable salvo para:
Os artigos de reclamo ou gancho
Os produtos voluminosos facilmente localizables
Os produtos que se len mellor dende arriba
  As compras utilitarias
Os artigos presentados a granel ou en paletas-gaiola
 
Programación UDÍndice UDGlosario UDActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas