U. D. 5: O LINEAL > CONCEPTOS BÁSICOS > Definicións > lonxitude andel
Cando nos referimos á lonxitude do andel estamos a referirmos ó metro de lineal que ocupa o produto na súa fronte e que, representa o aluguer que o produto debe xerar para "pagar o seu posto". Tamén é certo, como veremos logo, ó tratar do lineal mínimo, como hai unha lonxitude mínima que debe ocupar un produto para que @ consumidor/a o poda ver.
É moi fácil medir o lineal cando o produto está pousado nunha góndola. ¿Pero que pasa cos produtos que pola súa forma, tamaño, etc., non están pousados nos andeis? A continuación expóñense algúns exemplos de casos de medidas de lineais:
No caso dos produtos que se expoñen colgados dos ganchos que teñen os taboleiros dalgúns andeis (perchas, escobas, etc.) Para poder comparar unha fronte de produtos colgados con outra de produtos pousados, tómase como referencia un andel virtual nos emprazamentos habituais para a sección.
Para as pilas de produtos (tanto sexa no lineal como na cabeceira de góndola), aplícase o mesmo método que no anterior.
No caso dos paléts, o mesmo procedemento. Cando unha sección está enteiramente sobre paléts, como pode ser o caso do papel hixiénico, ou o dos refrescos, etc., pode terse en conta a superficie do chan (que tamén é lineal).
Nas seccións de téxtiles, cando non están integrados nun andel, se lles calcula a lonxitude pola superficie que ocupan no chan (ou lineal)
Programación UDÍndice UDGlosario UDActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas