U. D. 5: O LINEAL > CONCEPTOS BÁSICOS > Definicións
   

LINEAL: Pódese chamar lineal a calquera espazo ou tipo de contedor utilizado para a exposición dos produtos. Neste sentido, pódese entender por lineal non só o mobiliario destinado a expoñer os produtos senón tamén o escaparate, os propios produtos (os mobles dunha tenda de decoración, por exemplo) e o chan (por exemplo, cando se radican os manenquís, nun punto de venda de mobles, nun punto de venda de coches, etc.)

 
O FRONTE: É o espazo que ocupa un produto, visto pola clientela nun andel de presentación. Canto maior sexa o fronte, máis se verá o produto. Pódese facer referencia ó fronte de dúas formas:
 
En UNIDADES de produto (sen amorear), chamado tamén FACING (superficie que ocupa unha unidade de produto). Considéranse tamén unidades de produto aquelas que se venden en grupo, caso do iogures, das latas de refrescos... (pack)
 
En CENTÍMETROS de lonxitude do andel
   
TIPOS DE LINEAL: Existen dous tipos de lineal: Lineal a ras de chan e lineal desenvolvido
   
Programación UDÍndice UDGlosario UDActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas