Brainstorming
Ou "tormenta de ideas". Procedemento de traballo en equipo para a busca de ideas e solucións. A diferenza con outros procedementos de investigación radica en que aquí @s participantes só poden expoñer as ideas ou variacións sobre ideas presentadas por outr@s compañeir@s, pero sen criticar as anteriores. Nun ambiente libre de críticas, e con interacción entre @s participantes que coñecen ben o problema, é máis fácil chegar a unha solución orixinal
Cualitativos Relativos ou petencentes á calidade ou á natureza. Que denota calidade.
Logotipo

Símbolo distintivo que utiliza habitualmente unha empresa ou marca para identificarse. Xeralmente componse dun nome acompañado dun pequeno debuxo. Nos medios especializados, o logo utilízase para nomear á parte tipográfica da marca, mentres que o símbolo se utiliza para designar a parte gráfica, dando lugar a súa fusión á expresión técnica logosímbolo que é a expresión abreviada de logotipo.

Versatilidade Que se adapta facilmente a diversas funcións ou situacións.
Programación aula UD13Índice UD13Glosario UD13Esquema UD13Acitivdades apoioActividades reforzoActividades avanzadas