U. D. 13: ESPAZOS EXTERIORES > O NOME DO ESTABLECEMENTO > Selección do nome
 
Para buscar o nome dun punto de venda, utilízase normalmente unha técnica de investigación cualitativa chamada brainstorming.
       
As formas máis comúns para buscar marcas lingüísticas son:
 
       
Derivación
Búscase a continuación dun nome determinado para identificar a marca con facilidade.
Elevación e diminución
A marca créase coa utilización dun diminutivo ou dun superlativo
Evocación
Preténdese que o son ou a fonética lembre ó produto
Relación connotativa Busca crear unha imaxe positiva e evocadora que defina ó produto
Abstracta Non responde a ningún patrón, corresponde a unha denominación caprichosa.
       
Ademais hai que ter en conta que o nome debe reunír unha serie de requisitos que faciliten a súa difusición o e seu recoñecemento, como por exemplo:
 
       
Curta
Está demostrado que a memoria inmediata recorda con máis facilidade as palabras que non teñan máis de sete letras.
Eufónica Que teña musicalidade e un son agradable ó oído
Internacionalizable
Trátase de buscar palabras que reúnan as características anteriores pero que sirva para utilizar nos puntos de venda de diferentes países.
Patentable As patentes son o único monopolio legal recoñecido. Patentar un nome é recoñecer a propiedade do mesmo.
Evocadora
Busca un nome que lembre as características do produto.
Programación aula UD13Índice UD13Glosario UD13Esquema UD13Acitivdades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver