Unidade didáctica nº 13 : ESPAZOS EXTERIORES
Capacidade terminal elemental:
Identificar a imaxe que desexa transmitir o establecemento co fin de determinar os parámetros para o deseño do escaparate e acadar o obxectivo desexado.
Obxectivos:
Obter unha visión xeral sobre os elementos dos espazos exteriores do establecemento sobre os que pode intervir @ profesional de animación do punto de venda
CONTIDOS
Procedimentais
Conceptuais
Actitudinais
Aplicación das distintas formas que se poden utilizar na elección do nome dun establecemento

O nome do establecemento: selección, rótulos e tipos

Valoración positiva do uso das novas tecnoloxías como método de busca de información.
Analise das fachadas de distintos tipos de establecementos comerciais. Fachadas
Análise das funcións principais que debe cumprir un escaparate. O escaparate: definicións, tipos escaparates e tipos cristais. Pulcritude e bo gusto na presentación dos traballos realizados
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Identificar cada unha das formas a utilizar na elección do nome do establecemento
Identificar a lexislación vixente sobre sinalización exterior e rexistro de marcas.
Identificar os distintos tipos de rótulos e a súa localización. Explicar a importancia que ten o escaparate para o punto de venda
Relacionar os elementos que forman parte das partes dunha fachada comercial Identificar a información relacionada coa rotulación comercial da localidade.
ACTIVIDADES A DESENVOLVER
Visitar as empresas da localidade co fin de analizar os diferentes tipos de rótulos que utilizan nas fachadas dos locais comerciais.
Localizar en Internet ou visitando ó Concello a lexislación vixente sobre sinalización exterior e rexistro de marcas.
Analizar, mediante fotografías, as fachadas e escaparates de locais comerciais.
Localizar en Internet cantos establecementos do entorno teñen escaparate web.
Resolver cuestións relacionadas co nome do establecemento, fachadas e escaparates
TEMPORALIZACIÓN U. D.
sesións: 8 (1 explicación, 1 visitas, 3 exposición e debate, 3 traballo individual)
Programación aula UD13Índice UD13Glosario UD13Esquema UD13Acitivdades apoioActividades reforzoActividades avanzadas páxina udApartado seguinte