U. D. 13: ESPAZOS EXTERIORES > O NOME DO ESTABLECEMENTO > Rótulo
Como xa vimos na U. D. nº 9 e 10, o tamaño do texto e as cores que empreguemos, son os elementos que facilitarán a lectura do rótulo.
   
O rótulo pode levar, o logotipo do punto de venda, si este o ten. Debe radicarse na parte superior da fachada, de xeito que non sexa tapado por outros elementos, sobre todo polo toldo cando estea despregado.
   
Cando a fachada ten varios corpos, o nome (logotipo) deberá repetirse en cada un deles. Isto daralle unha aparencia de varias tendas cunha mesma marca, conseguindo un maior número de impactos visuais, polo tanto de memorización e radicación do establecemento
   

Si a fachada ten un só corpo e é superior a 9 m, é conveniente repetir o nome (logotipo) do establecemento dúas veces de forma equidistante, para que o percorrido visual d@ client@ sexa corto e poda localizalo rapidamente.

   
As caras laterais dos establecementos tamén deben ir rotuladas cando son visibles ó público, posto que o número de impacto é maior.
   
Programación aula UD13Índice UD13Glosario UD13Esquema UD13Acitivdades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver