U. D. 13: ESPAZOS EXTERIORES > O NOME DO ESTABLECEMENTO > Tipos de rótulos
 
A hora de seleccionar o rótulo hai que ter en conta que cada municipio ten unha normativa específica neste sentido que hai que consultar e respectar, ademais da Lei de Marcas (Lei 32/88 do 10/11/1988) sobre os fins da rotulación comercial.
 
Os rótulos dos establecementos están suxeitos a modas. Actualmente están moi de moda os de corpo convexo, é dicir os que teñen "barriga", creando curvas suaves e harmonizables, onde o texto pode ser máis grande ó aumentar a superficie. Os serigrafiados no cristal, que dan sensación de elegancia, normalmente o serigrafiado vai no propio escaparate, permitindo visualizar o nome da tenda por máis tempo. A continuación pódense ver algúns exemplos:
 
Cristal serigrafiado. Teñen un aspecto moderno e facilidade de limpeza. Este sistema permite unha gran versatilidade. Como se comentaba antes, é un dos máis utilizados nos últimos anos.
Sen iluminación. A elección do material (madeira, P.V.C., metal, etc.) dependerá de razóns estéticas, sen esquecer as dúas normas básicas: fácil de ler e visibilidade.
En P.V.C., con iluminación interior. É o sistema máis usual, dada a súa resistencia, custo de instalación e mantemento. Son moi fáciles de serigrafiar.
Utilización de neóns coa forma do nome comercial: Ten como vantaxe a creatividade das súas cores e a versatilidade das formas. O mantemento é caro, xa que teñen que ser recargados para manter a brillantez dos seus tons e son fráxiles ante pequenos impactos. Deben colocarse en lugares onde o público non poda ter acceso ós mesmos.
Verticais. Chamados tamén Tótems. Radícanse en paredes, permiten unha maior identificación do establecemento, aportando ademais unha solución rápida para a decoración da fachada. Na maioría dos casos recoméndase utilizar a iluminación interior e exterior. É outra das fórmulas máis utilizadas.
Bandeirolas con caixón de luz. A súa utilización está en desuso, porque apenas dispoñen de espazo, o que frea a creatividades. Aumentan a visibilidade lateral, pero os toldos normalmente os ocultan.
Bandeirolas de tea ou P.V.C. Un recurso moi utilizado por algúns establecementos téxtiles, transfiren sensación de elegancia. Apenas necesitan mantemento, porque duran moi pouco, dado o tipo de material empregado, normalmente a tea, polo que hai que repoñelas.
Letras ocas con neon interior. Sistema moi sofisticado cun mantemento caro.
 
Programación aula UD13Índice UD13Glosario UD13Esquema UD13Acitivdades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver