U. D. 13: ESPAZOS EXTERIORES > Título VII da LEI DE MARCAS relativo ó nome comercial e ó rótulo do establemento.

TITULO VIII

DO NOME COMERCIAL E DO ROTULO DO ESTABLECEMENTO

CAPÍTULO I

Do nome comercial

Articulo 76. 1. Enténdese por nome comercial o signo ou denominación que sirva para identificar a unha persoa física ou xurídica no exercicio da súa actividade das actividades idénticas ou similares.

2. Poderán , especialmente, constituír nomes comerciais:

Os nomes patronímicos , as razóns sociais e as denominacións das persoas xurídicas.

As denominacións de fantasía.

As denominacións alusivas ó obxecto da actividade empresarial.

Os anagramas.

Calquera combinación de signos que, con carácter enunciativo, se mencionen nos apartados anteriores.

Articulo 77. O nome comercial será protexido nas condicións establecidas no artigo 8 da Acta vixente en España do Convenio da Unión de París para a protección da propiedade industrial do 20 de marzo de 1883, sempre que se demostra que foi usado en España. Cando @ titular do nome comercial exercite unha acción para que se declare a nulidade dunha marca ou dun nome comercial ou dun rótulo do establecemento rexistrados con posterioridade, deberá acreditar o uso ó que se refire o inciso anterior e entaboar a acción antes de que transcorran cinco anos dende a data de publicación da concesión correspondente.

Articulo 78. 1. O rexistro do nome comercial no Rexistro da Propiedade Industrial é potestativo e confire @ seu titular o dereito exclusivo a utilizalo no tráfico económico nos térmonos previstos na presente Lei.

2. Na solicitude de rexistro de nome comercial deberá especificarse a actividade empresarial que pretende distinguirse co nome solicitado e acompañar a correspondente alta de licenza fiscal en dita actividade.

3. Cando se requírea utilizar a denominación do nome comercial como marca de produto ou de servizo, deberá procederse a estes rexistros separadamente.

4. O incumprimento do disposto no apartado anterior e polo tanto o emprego do nome comercial como denominación para aplicar aos produtos ou servizos no prexuízo da marca, será considerado, no seu caso, como violación do dereito exclusivo de marca e como acto de competencia desleal.

Articulo 79. O nome comercial unicamente poderá ser transmitido coa totalidade da empresa.

Articulo 80. 1. As persoas xurídicas que soliciten o rexistro da súa denominación como nome comercial deberán xustificar este feito mediante a presentación das correspondentes escrituras ou documentos de constitución.

2. No caso de que a denominación fose modificada con posterioridade á súa constitución, deberá acreditarse este extremo mediante documentos públicos.

Articulo 81. Ademais do disposto nos artigos anteriores, serán de aplicación ó nome comercial, na medida en que non sexan incompatibles coa súa propia natureza, as normas da presente Lei relativas ás marcas. Particularmente aplicaranse aos nomes comerciais as normas sobre procedemento de rexistro contidas no título III da presente Lei.

CAPÍTULO II

Do rotulo do establecemento

Articulo 82. 1. Enténdese por rótulo do establecemento o signo ou denominación que serve para dar a coñecer ó público un establecemento e para distinguilo de outros destinados a actividades idénticas ou similares.

2. Poderán especialmente, constituír rótulos de establecemento:

Os nomes patronímicos, as razóns sociais e as denominacións das persoas xurídicas.

As denominacións de fantasía.

As denominacións alusivas á actividade do establecemento.

Os anagramas.

Calquera combinación dos signos que con carácter enunciativo se mencionan nos apartados anteriores.

Articulo 83. Os rótulos do establecemento serán rexistrados para o ou os térmonos municipais que se consignen na solicitude. Ó solicitarse o rexistro dun rótulo expresarase o municipio ou municipios nos que radique o establecemento e as sucursais para as que se solicite, así como as actividades a que se destine. Cando estas sucursais se amplíen a outros térmonos municipais, entenderanse que constitúen un novo rexistro e a prioridade arrancará dende a data na que @ interesad@ formule a nova petición.

Articulo 84. Para cada establecemento aberto ó público non poderá rexistrarse máis dun só rótulo, este poderá utilizarse para o establecemento principal e as sucursais que radiquen no termino municipal para onde se rexistrou o rótulo.

Articulo 85. Ademais do disposto nos artigos anteriores, será de aplicación ó rótulo do establecemento, na medida en que non sexa incompatibles coa súa propia natureza, as normas da presente Lei relativas ás marcas. Particularmente, aplicaranse ós rótulos do establecemento as normas sobre procedemento de rexistros contidos no título III da presente Lei.

Articulo 86. Non poderá rexistrarse como rótulo de establecemento un signo que non se distinga suficientemente dunha marca ou un nome comercial ou de outro rótulo rexistrado para o mesmo termo municipal.

 

Programación aula UD13Índice UD13Glosario UD13Esquema UD13Acitivdades apoioActividades reforzoActividades avanzadas