Briefing
Conxunto de instrucións breves, escritas ou orais que se dan aos que van realizar un traballo. Normalmente dáse nunha reunión informativa que se centra nos obxectivos que hai que cumprir.
Cromática Relativo ou pertencente á cor ou ás cores.
Grafismos
Xeito de facer un debuxo, un trazo. Especialidade das artes gráficas relacionada coas técnicas e coa composición dos elementos gráficos que interveñen na páxina impresa, e en todos os procesos de reprodución e estampación.
Iconográficos
De iconografía. Estudo descritivo do conxunto das imaxes, símbolos e motivos que ilustran un tema determinado. Conxunto de ilustracións que aparecen nunha publicación.
Imaxe corporativa
Opinión, positiva ou negativa, que ten o público dunha empresa, organización ou institución, xerada pola súa maneira de facer as cousas, polas súas actuacións e comunicacións, as súas crenzas e valores, a súa política de empresa e o resto das súas actividades e expresións.
Intrínseca Interiormente. Por oposición a extrínseco, que pertence á natureza esencial, á constitución íntima dunha cousa.
Metacrilato É un sólido transparente, ríxido e resistente ós axentes atmosféricos, é un dos materiais plásticos máis utilizados.
Potencial Que existe como posible, pero que non é actual.
Postergada Colocada despois de.
Índice UD9Glosario UD9Esquema UD9Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas