U. D. 9: CARTELÍSTICA > CLASIFICACIÓN DOS CARTEIS > Ambientación
CARTEIS AMBIENTADORES: Utilízanse para lembrar algún aspecto referido á actividade do punto de venda, do produto, crear ambientes estacionais (primavera, verán, outono e inverno), anunciar as saídas de novos produtos, promocións especiais, etc.
Temporalidade: Dado o obxectivo da súa utilización, a duración destes carteis é menor que a dos indicadores. O tempo pode ir dende unha semana ata un ano, dependendo de si é un cartel de oferta (semana do..., quincena do... mes do...), estacional (que dura unha das catro estacións do ano), ou anual (por exemplo: "mesmo prezo durante todo o ano").
   
Utilidade: Son carteis que informan de accións puntuais dentro do establecemento ou explican algunha calidade intrínseca dun produto. A súa función é conseguir a compra no punto de venda nese momento.
   

Colocación: Deben colocarse cerca dos produtos, xa que a súa función consiste en facilitar a compra de forma impulsiva, aínda que como indica a palabra, tamén serven para ambientar e poden estar colocados dende o teito ó longo de todo o establecemento. Os que se ven nas fotografías son os lugares máis utilizados para colocar este tipo de carteis.

   
Tamaño da letra: Como a colocación non vai superar en ningún caso os tres metros de altura, o tamaño da letra adecuado para a súa lexivilidade é como mínimo entre 5 e 10 cm.
   
Materiais: Dado o escaso tempo que van permanecer estes carteis no punto de venda, non necesitan estar confeccionados con materiais tan resistentes como o plástico. Nestes casos utilízase frecuentemente o cartón, papel pluma, etc.
   
Formas: Tendo en conta a súa utilidade, permítense todo tipo de formas, redondas, en estrela, cadradas, rectangulares, etc. Cada forma se adaptará ou dependerá do contido do cartel.
Programación UD9Índice UD9Glosario UD9Esquema UD9Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver