U. D. 9: CARTELÍSTICA > CLASIFICACIÓN DOS CARTEIS > Indicadores
CARTEIS INDICADORES OU DE SINALIZACIÓN: Como vimos na U.D. nº 4 (Implantación da sala de vendas) e na U.D. nº 5 (Implantación dos produtos no lineal) e na U. D. nº 6 (O surtido); nun punto de venda existe a necesidade de guiar e informar á clientela do lugar e a localización exacta onde poden atopar os produtos. Hai que lembrar (sobre todo no tipo de compra por obrigación) que a clientela debe atopar sen esforzo o que vai buscar, porque neste caso, o tempo de compra é un factor importante na súa decisión. Por exemplo, se un ou unha client@ non atopa un produto que busca no lugar que lle indica o cartel, rematará por desmoralizarse e irse sen mercar. O feito de que a clientela non pregunte constantemente onde se atopa un determinado produto, é indicativo de que o comercio está correctamente sinalizado.
 
Características do cartel indicador ou de sinalización:
Temporalidade: Son carteis que van permanecen moito tempo no establecemento porque a súa función é a de dirixir o fluxo de clientes cara determinadas zonas do punto de venda.
Utilidade: Neste caso son carteis informativos porque indican o lugar onde se atopan as seccións do punto de venda e as familias de produtos.

Colocación: Estes carteis radícanse a unha altura entre os 250 cm e os 300 cm., normalmente cólganse do teito, por enriba dos andeis. Deben colocarse na entrada, nos corredores e encrucilladas. É dicir, en lugares moi visibles e no mesmo sentido do fluxo da circulación da clientela.

Tamaño da letra: Por ser carteis que @ consumidor/a vai ter que ler dende lonxe, para saber onde poder dirixirse, o tamaño da letra debería estar entre os 10 cm. (que se lee a unha distancia de 10 m.) e os 20 cm. (que se lee a unha distancia de 30 m.) e polas dúas caras. A elección dependerá das dimensións do establecemento e da colocación dos carteis.
Materiais: Por ser carteis que van permanecer durante bastante tempo no punto de venda, deben estar confeccionados con material resistente. O material máis utilizado é o plástico. No caso dos establecementos comestibles, as veces os carteis teñen un foco luminoso e son de metacrilato transparente para axudar a atopar ás seccións como carnacería, chacinería, etc. Normalmente están feitos por empresas especializadas.
Formas: Tendo en conta o tipo de cartel, as formas máis usuais son as rectangulares e as cadradas, aínda que tamén pódense utilizar en forma de frecha.
Programación UD9Índice UD9Glosario UD9Esquema UD9Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver