U. D. 9: CARTELÍSTICA > INTRODUCIÓN
   
CONCEPTO de CARTEL: Mensaxe publicitaria de carácter gráfico que se utiliza no interior de institucións, empresas e puntos de venda para informar, prever ou concienciar a públicos obxectivos moi determinados (empregad@s, moz@s, consumidor@s, entre outr@s). Tamén pode definirse como calquera peza de papel ou outro material destinada a advertir a presenza de algo, xa sexa perigoso ou destacable (como por exemplo no caso que vimos no tema anterior das pictografías)..
 
CARTELÍSTICA: Conxunto de materiais impresos, normalmente de gran tamaño, empregados para presentar mensaxes publicitarias e que se radican, sobre parede ou soportes específicos, en lugares de boa visualización e tránsito de persoas dentro dun punto de venda. O seu uso estará regulado polo manual de imaxe corporativa de esos puntos de venda.
 
IMPORTANCIA DA CARTELÍSTICA NO COMERCIO: A cartelística é unha das ferramentas máis importantes con que conta a animación do punto de venda para apoiar as vendas de determinados produtos e favorecer a rotación das mercadorías. Se a elaboración da cartelística encárgase a unha empresa especializada hai que elaborar o que se chama un "mandato", ou máis coñecido por "briefing".
Programación UD9Índice UD9Glosario UD9Esquema UD9Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas
S