category Killers
"asasinos de categorías", chámanse as grandes superficies comercias especializadas, caso de IKEA, Brico King, ou Decorequip entre outros.
Fidelización
Característica dunha estratexia de mercadotecnia concibida e posta en marcha con vistas a gañarse a confianza dos consumidores e consumidoras de cara ó produto ou servizo, a marca, e/ou o punto de venda e fomentar a súa lealdade á mesma.
Marketing directo
Accións de mercadotecnia tales como buzoneos, publicidade no punto de venda ou calquera outra canle dirixidas á clientela potencial para xerar n@ destinatari@, unha acción de resposta individualizada e medible. Tamén chamada mercadotecnia directa
Marketing relacional
Actividade de mercadotecnia encamiñada a establecer unha relación individualizada, personalizada e continuada entre unha empresa ou marca e @ usuari@ ou @ potencial usuari@ dos seus produtos ou servizos para crear un vínculo de amizade que perdure no tempo. Constitúe un dos enfoques actuais máis importantes da mercadotecnia, sobre todo nos mercados máis duros e competitivos nos que resulta máis rendible reter a un ou unha client@ que conseguir un ou unha nov@. Coñécese tamén por mercadotecnia relacional.
Palets
Dispositivo móbil con dous pisos unidos entre si por largueiros, cunha altura reducida ó mínimo e compatible coa manipulación por medio de carretas, elevadoras ou non con, furcos.
P.L.V. Publicidade no Punto de Venda
Ra Índice de reprodución cromática. O índice máis alto en reprodución cromática é 100. Unha fonte de luz cun índice Ra de 100 amosará todas as cores perfectamente.
Programación aula UD 10Índice UD 10Glosario UD 10Esquema UD 10Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas