U. D. 10: AMBIENTACIÓN DO PUNTO DE VENDA > TIPOS DE AMBIENTACIÓN > Iluminación
 
Introdución:
A importancia de iluminar ben un establecemento comercial radica en crear unha atmosfera e un ambiente atractivo para atraer á clientela ó interior do establecemento, ademais de aportar luminosidade a un espazo ou artigo determinado. Cando se deseña a iluminación da tenda é importante crear contrastes de sombras e luces ademais de estudar o seu custo, consumo de enerxía, flexibilidade do deseño e o seu mantemento. A iluminación do establecemento debe ser unha prioridade no deseño interior, entre outros motivos, porque nos permitirá crear corredores, diferentes ambientes nas distintas seccións e, sobre todo, realzar a imaxe do produto.
     
Exemplos de iluminación:
 
ESTABLECEMENTOS DE PRODUTOS TÉXTILES: Este tipo de establecemento require dun sistema de iluminación flexible, xa que a imaxe da tenda cambiará segundo a temporada ou as coleccións que se presenten nela. A entrada debe estar iluminada xenerosamente, sempre que sexa posible con luz natural, tendo en conta que este tipo de luz pode palidecer as cores dalgúns tecidos ou crear contrastes nos produtos que a reciben facéndoos invisibles. Os seus artigos deben aparecer o máis favorecidos posible, para iso a luz deberá ser xenerosa, profunda e viva, transmitindo vida aos artigos, pero sen que cegue á clientela. Crear contrastes con luces e sombras, para que a iluminación non se faga monótona. Outro factor a ter en conta na iluminación destes establecementos é a dificultade que se ten para que as cores e a textura dos tecidos parezan o máis naturais posible. Para iso hai que elixir unha fonte de luz cun índice Ra de 100. Para reproducir as cores cálidas da roupa de inverno, necesitarase unha temperatura de cor máis baixa, mentres que para potenciar os tecidos de verán necesitarase unha temperatura de cor máis elevada.
ZAPATERÍAS, MARROQUINERÍA...: Nestes establecemento o máis adecuado é instalar un sistema de dobre iluminación: luz xeneral para iluminar os expositores e o escaparate e luz puntual para dramatizar o artigo de forma independente. As luces deberán ter filtro para evitar os brillos e fulgores sobre os artigos.
Lámpadas:
Tubos fluorescentes de 30 w con luz directa de ambiente filtrada por láminas encaixadas ou colgadas do teito. Haloxenas dicroicas que conseguen unha luz branca e brillante (aplícanse en xoierías, decoración, etc.). Reflectores halóxenos. Proxectores para espazos exteriores e grandes superficies. Focos encaixables para interiores ou escaparates que permiten orientar a luz, etc.
Programación aula UD 10Índice UD 10Glosario UD 10Esquema UD 10Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas