Buffer Termo angloxasón que quere dicir reserva. Neste caso refírese á capacidade da cola de impresión da impresora.
Cartel Papel anunciador para fixar en lugares públicos.
dpi Siglas de dots per inch, que indica puntos por pulgada (ppp). É a unidade de medida da resolución dunha impresora. Neste caso, 365x365=133.225 puntos por pulgada que pode imprimir esta impresora.
Ethernet Rede de área local na que os ordenadores se comunican uns con outros mediante cables.
Etiqueta
Anaco de papel, tea ou outros materiais que se fixa nun obxecto para indicar a súa marca, o seu prezo, etc.
Interface Dispositivo entre dúas parte dun ordenador, ou entre ordenadores, que permite a comunición. Por exemplo, entre un ordenador e unha impresora ten que haber un interface para que o ordenador poda mandar imprimir.
Letreiro
Escrito que se coloca nun lugar para avisar ou facer pública unha cousa (nomes das rúas, das tendas, indicacións do transporte, epígrafes dos periódicos, anuncio, cabeceira, membrete, pancarta, placa, etc..
Lombo
Lombo dun libro, etiqueta do lombo dun libro.
Marbete
Etiqueta, rótulo, letreiro, inscrición.
Ornamentais Pertencente ou relativo á ornamentacion ou adorno; decorativo
Público obxectivo
Sector concreto da poboación ó que vai destinado un produto ou mensaxe publicitaria. Pódese distinguir entre público prescriptor (por exemplo, médic@s) comprador/a e consumidor/a. O público obxectivo defínese polas características demográficas, xeográficas, socieconómicas, e de estilo de vida.
Trazo
Cada unha das raias ou liñas que forman un trazado. Sinal que fai un lapis, unha pluma, un bolígrafo, etc., no papel ó escribir ou debuxar. Sinal que fai un pincel ó pintar sobre calquera superficie.
Programación U.D. Programación UD8Índice UD8Glosario UD8Esquema UD8Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas