U. D. 8: ROTULACION e TIPOGRAFÍA > TIPOGRAFÍA > Tipos de letras
Na actualidade podemos elixir múltiples tipos de letras ou fontes utilizando os ordenadores. Con Windows veñen preinstaladas algunhas que xa están moi vistas, como a Times New Roman ou a Arial (Helvética), sobre todo cando se trata de elaborar carteis, tarxetas, folletos, etc. de cara a promocionar ou dar a coñecer algún tipo de produto. Esto pódese solucionar, porque programas como o paquete Officce, CorelDraw, etc. veñen con moitísimas novas fontes que se poden usar. Para utilizar na pantalla existen as fontes de letras especiais como a Verdana, Tahoma, Trebuchet e Georgia, que inclúe o propio Windows.
Georgia é unha fonte SERIF é moi elegante, e na pantalla é mellor que Times New Roman. Incluso a forma cursiva é moi lexible, e ten algúns detalles profesionais, como os numerais ó estilo antigo. É adecuada para textos longos (cartas comerciais, informes...)
Tahoma e Verdana son moi boas fontes SANS SERIF para substituír, por exemplo, a famosa Arial. Tipos de letras adecuados para ser vistas dende lonxe (rótulos, carteis...)
Trebuchet é unha fonte SANS SERIF , de estilo humanista cun pequeno rabo curvado na l. Igual que a anterior é unha fonte adecuada para a tipografía comercial.
 
Algunhas fontes favoritas: (Serif como Garamond para textos longos e Tempus Sans ITC fantasía)
Elección do tipo de letra e tamaño:
As letras moi ornamentais ou decorativas deben reservarse para usos especiais (carteis, títulos, iniciais, logotipos...), pero si o que queremos é un texto fácilmente lexible, debemos descartalas. O corpo do texto debe compoñerse con letras discretas e fácilmente lexibles (pero tamén refinadas e agradables á vista).

O tamaño do texto que usamos para escribir un documento no ordenador está entre 10 e 12 puntos. Este tamaño non é o adecuado para utilizalo en carteis porque está proporcionado para lelo a unha distancia de 30 cm. Si usamos papel de gran tamaño ou carteis, teremos que aumentar o seu tamaño proporcionalmente. Polo que se refire aos encabezados, títulos e subtítulos, non hai regras frixas, pero poden aplicarse tamaños que sexan un 20% superiores ou inferiores ó do texto, e aplicar cambios de estilo onde conveña (negriña ou cursiva.) Isto quere dicir que para un texto dun cartel en DIN A4 dun tamaño de 50 puntos, o título sería de 70 puntos.

Programación UD8Índice UD8Glosario UD8Esquema UD8Actividades reforzoActividades avanzadas Volver