ACTIVIDADES PARA RESOLVER EN GRUPO:  
1
Saír en grupos a visitar os puntos de venda do entorno (2 por grupo) e que sexan puntos de venda de actividades diferentes, para:
 
  • anotar se o tamaño das comunicacións existentes se axustan ao formato DIN.
  • anotar ou fotografar, en que tipo de comunicacións utilizan o trazado a man.
  • anotar si a proporcionalidade dos trazos é correcta nas comunicacións anteriores.
  • anotar ou fotografar a tipografía impresa que utilizan nas súas comunicacións (incluíndo prezos). Sería interesante que aquí, indicarades si é un tipo de letra (impresa) Sans ou Sans Serif.
  • anotar, a que público obxectivo van dirixidas as mensaxes
  • preguntar que sistema utilizan para a impresión dos comunicados impresos: cartelística, promocións, prezos, etc. todo o que observedes que non estea rotulado a man.
  • se pode ser, que os expliquen como imprimen o etiquetado para colocar nos andeis e produtos.
  • anotar ou fotografar todos os pictogramas que atopedes nos puntos de venda visitados.
ACTIVIDADES PARA DEBATER NA AULA:  
1
Unha vez na aula, o alumnado expoñerá e debaterá a información recollida na visita aos establecementos (para iso, antes, cada grupo, preparará a información recollida e nomeará un ou unha representante para que a expoña na aula). Desta exposición en grupo, obteranse unhas conclusións, que cada grupo pasará ó ordenador e entregará @ profesor/a.
     
ACTIVIDADES PARA ENTREGAR:  
     
     

Programación UD8Índice UD8Glosario UD8Esquema UD8Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas