U. D. 8: ROTULACION e TIPOGRAFÍA > Trazado e rotulación manual de signos > Trazado signos
 
É certo que a medida que @s comerciantes van incorporando as novas tecnoloxías nos puntos de venda, o trazado e rotulación manual de textos e símbolos en xeral é cada vez menor, pero existen casos onde hai unha parte do cartel, da etiqueta, do letreiro, etc. que está impresa e outra parte, normalmente a do prezo, que hai que rotulala a man. Para totular unha letra ou símbolo necesítanse coñecer unhas normas básicas referentes o tipo dos trazos:
Trazos verticais
Realízanse sempre de arriba á abaixo
Trazos horizontais
Realízanse sempre dende a esquerda á dereita
Trazos inclinados
Realízanse en sentido curvo e sempre dende arriba á abaixo.
Trazos redondeados
Están compostos por dous trazos inclinados.
   
 
O trazado de texto debe ser sempre de arriba cara abaixo e de esquerda á dereita, xa que de facelo no sentido contrario (de abaixo/arriba ou dereita/esquerda), o trazo ábrese, deformando a letra ou símbolo.
 
Programación UD8Índice UD8Glosario UD8Esquema UD8Actividades reforzoActividades avanzadas Volver