U. D. 6: SELECCIÓN DO SURTIDO > CRITERIOS DE SELECCIÓN (Lei de Pareto)
Como se comentaba no apartado de Condicionamento da Selección, na selección do surtido hai que privilexiar os obxectivos da marxe, da rotación, de custos de xestión e das existencias. As veces existen disparidades de resultados dos produtos, en termos de cifras de vendas, de marxe bruta, de rotación de existencias, de rendibilidade do lineal. Por iso é necesario controlar ben todos os rateos de rendibilidade estudados, parte deles nas U.D. números 4 e 5.
Compróbase que a Lei de Pareto (chamada tamén Lei 20/80) aplícase perfectamente ó surtido: o 20% das referencias xeran o 80% da cifra de vendas. Esta regra resulta útil cando se quere saber que tipo de produtos se debe coidar con maior interese.
un 20% das referencias dos produtos que se venden supoñen o 80% do volume total de facturación. Estas referencias non deben faltar NUNCA.
 
Polo contrario o 80% das referencias só supoñen o 20% do volume total de facturación. Terán pouca importancia á hora de elixilos.
 
Procedemento de resolución da Lei de Pareto:
   
Anotase as vendas de cada artigo en unidades e o seu volume de vendas en pesetas.
Calcúlanse as porcentaxes que representan en relación co total, tanto das referencias como do volume de vendas
Ordenado de maior a menor, acumúlanse as porcentaxes de referencias e das vendas.
Con esta información obsérvase que ó chegar ó 20% acumulado das referencias, con elas, alcánzase o 80% dos ingresos das vendas e co 20% dos ingresos alcanzase o 80% das demais referencias.
 
 
Existe outro método, que é unha xeneralización da Lei de Pareto, chamado MÉTODO ABC. Procedemento:
   
Divídense ós artigos en 3 grupos, de acordo coas % que representan respecto ás vendas ou ingresos totais:
Grupo A: Artigos que representan ó 10% do total de referencias que supoñen o 50% da vendas. Estes artigos teñen prioridade de inclusión.
Grupo B: O 30 % das referencias supoñen un 40% da vendas.
Grupo C: O 60 % das referencias supoñen o 10% das vendas.
Programación UD6Índice UD6Glosario UD6Esquema UD6Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas