U. D. 6: DIMENSIÓNS DO SURTIDO
 
Na selección do surtido hai que ter en conta varios factores: tamaño establecemento e necesidades a satisfacer da clientela elixida. Non é o mesmo satisfacer necesidades básicas que necesidades especiais, onde @ consumidor/a está dispost@ a empregar moito tempo e esforzo. En función desto, as dimensións do surtido deberán ser máis amplas ou profundas en función das distintas necesidades da clientela que se desexan satisfacer. As dimensións do surtido quedan definidas por dous conceptos sobre os que pode actuar @ comerciant@: Amplitude e profundidade.
Chámase AMPLITUDE do surtido o número de FAMILIAS de produtos que cobren necesidades diferentes. É dicir, nun establecemento comercial, canto máis seccións haxa máis amplo é o surtido.
Chámase PROFUNDIDADE do surtido ó número de REFERENCIAS de produtos que o compoñen, dentro de cada familia. Canto maior sexa o número de marcas, máis profundo será o surtido.
Imos ver as distintas variacións que se poden producir nas dimensións do surtido, dependendo do tipo de establecementos:
Programación UD6Índice UD6Glosario UD6Esquema UD6Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas