U. D. 5: O LINEAL > CONCEPTOS BÁSICOS > Tipos de lineal
O lineal de calquera establecemento, por moita superficie que teña, é limitado e @ responsable de planta deberá coñecer: o espazo que asignará a cada sección, a cada familia de produtos, etc.; deberá decidir a cantidade de produtos que exhibirá e colocará o surtido no espazo asignado atendendo diversos criterios (colorido, formato, etc.). Para iso, deberá distinguir entre:
     
LINEAL A RAS DE CHAN:
É a suma da lonxitude de todos os mobres de presentación de produtos.
LINEAL DESENVOLVIDO:
É o resultado de multiplicar o lineal a ras de chan polo número de andeis.
Por exemplo, o debuxo está composto por unha góndola que ten tres bloques con tres andeis cada un e dúas cabeceiras de góndola, con tres andeis cada unha, que miden 1 metro de ancho.

Lineal a ras de chan: 1,30 m x 6 (dúas caras) + 1 + 1 das cabeceiras de góndola= 9,80metros

Lineal desenvolvido: 9,80 metros x 3 andeis = 29,40 metros.
 
No caso do exemplo, calculouse o lineal do chan e desenvolvido dunha soa góndola, pero estes cálculos pódense aplicar para calcular o lineal dunha sección ou de todo a sala do punto de venda.
Programación UDÍndice UDGlosario UDActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas