U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > RECURSOS ESCAPARATISMO > TRUCOS > Visuais III

EXEMPLO 9: O exemplo que se propón trata de conseguir un interese máis espectacular, máis efectista e impresionante que os propostos ata agora. Para poñer en práctica estas montaxes necesítase un escaparate amplo. Este escaparate está centrado en atraer a atención dos nenos e nenas que pasan por diante. Eles páranse porque lles atrae, e os pais e nais centrarán a súa atención nos produtos expostos. Do que se trata é de que esperten o interese necesario para que entren na tenda.

Trátase dunha maceira, da que penduran mazás encarnadas, colgadas por un fío de nailon, o que produce movemento, e sensación de que están caendo da árbore. Tanto a árbore como as mazás están confeccionadas con porexpan.

EXEMPLO 10: No seguinte exemplo, a presenza da choiva que molla o cristal nun primeiro termino do escaparate dálle un carácter moi invernal, apoiado pola árbore en movemento que está detrás. Pódese aplicar para todo tipo de escaparates, neste caso é unha zapatería.

Parte da superficie frontal amosa o aspecto dun cristal que está mollado constantemente por efecto da choiva. É unha imaxe dun importante impacto óptico. A instalación require tempo, pero o resultado último tradúcese nun excelente reclamo de atención.

Esta choiva conséguese pegando no cristal un acetato que conteña as pingas imitando a choiva.

   
   

EXEMPLO 11: Utilizando o recurso da auga, no exemplo que se expón a montaxe dun pequeno estanque con nenúfares conseguiu crear unha atmosfera de gran fantasía, cun colorido e un ambiente romántico que realza os artigos.

Os pedestais dos expositores que amosan os produtos están tapados con nenúfares. Os expositores están colocados sobre unha mesa de cristal azulado, o que da a sensación de estanque.

EXEMPLO 12:A iluminación é un dos aspectos esenciais no punto de venda porque ten o cometido principal de facela máis atractiva para a clientela. É fundamental no escaparate. De feito, un escaparate espectacular pode botarse a perder si ten unha iluminación vulgar, mal orientada ou cunha elección de lámpadas inadecuadas. Non se trata só de encher o oco do escaparate con focos e proxectores equipados con lámpadas de alta voltaxe, senón de proxectar sobre os artigos unha luz adecuada, que amose e faga mais belos os artigos.

Nos exemplos que se propoñen, a luz xoga un papel fundamental.

   
Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver