U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > RECURSOS ESCAPARATISMO > TRUCOS > Macrofotos
   

EXEMPLOS 1: Vemos como nunha fachada, resólvense os escaparates da planta superior con macrofotos que amosan o estilo de vida da clientela que merca nesa tenda. No seguinte escaparate, os manenquís non teñen cara definida, pero a macrofoto que está no fondo, reafirma o estilo de roupa para moz@s que se vende nese punto de venda. Por último, no terceiro escaparate, tratan de resaltar o gran espazo de que dispoñen con fondos de macrofotos aniñadas en grandes caixas iluminadas onde se amosan outros modelos, neste caso de vestidos de noivas ou de festa, o que chama moito a atención dende lonxe.

EXEMPLO 2: Cando paseamos polas rúas comerciais vemos que hai escaparates que están decorados con macrofotos, pero que non chaman a atención, están colocadas para encher un oco, non para crear un flash óptico que obrigue ó público a acercarse e entrar no punto de venda. Hai que ser creativ@s e investigar para obter información sobre os estilos de vida, e imaxinativ@s para provocar o nacemento dunha idea brillante.

No caso deste exemplo, amósase unha macrofoto de froitas que trata de coordinar a gama cromática do produto coa do atrezo (neste caso a macrofoto).

   
   

EXEMPLO 3: Os escaparates das zapaterías tenden a seguir unha liña de composición pouco creativa. Normalmente, utilizan varios estantes a distintos niveis cheos de zapatos e algún detalle ornamental. É un bo momento para que algunhas zapaterías rompan moldes e que os seus escaparates destaquen sobre a competencia.

Neste caso, a macrofotografía está no chan. É unha composición de sete fotografías, sobre seis delas póusanse uns modelos de zapatos distintos (neste caso só tres) e a sétima está colocada no fondo (forrado cunha tonalidade encarnada) de xeito informal, para que haxa unha conexión entre o fondo e o chan, onde están os zapatos. Esta imaxe trata de transmitir a suavidade e comodidade dos zapatos.

EXEMPLO 4: Dividir a imaxe dunha macrofoto de cor, aumenta o poder global do cromatismo xeneral do espazo. Entre as partes pódense intercalar os produtos que se queren promover.

Neste caso preséntase unha personaxe coñecida de WaltDisney, con moita cor que chamará a atención facilmente, aínda que non se poden descartar as imaxes en branco e negro das macrofotos porque resaltarán máis os contrastes entre o atrezo e o produto
   
Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver