U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > RECURSOS ESCAPARATISMO > TRUCOS > Espazo mínimo
   

EXEMPLOS 1: Cando se dispón dun espazo mínimo de exposición, dependendo do tipo de produto, non se pode acondicionar da forma habitual. Ante a elección dun escaparate con produtos amontoados, que acaba mareando, á dun espazo tranquilo e relaxado, que se limita a cumprir a súa función de reclamo, a mellor sen dúbida algunha é esta segunda opción.

Os exemplos que se expoñen a continuación, son escaparates sobrios, con poucos elementos, ben organizados e con as cores perfectamente combinadas.

EXEMPLO 2: Os fondos dos escaparates pequenos debe estar sempre pechados. Un fondo aberto ou seme aberto nun mínimo espazo crea unha sensación de desorde e desconcerto.

Panelar con cor branca un fondo dun escaparate pequeno é un éxito asegurado. O amarelo limón da dinamismo, mentres que o azul dará profundidade. En todo caso hai que escapar dos tons cor madeira, porque aparentemente diminúen o espazo do escaparate xa de por si pequeno.
   
   
   

EXEMPLO 3: Outros trucos que se poden empregar en escaparates pequenos son: a colocación en abanico dos produtos (camisas, garabatas, medias, etc.), a colocación de tensores ó ancho e alto do escaparate que nos permitan colocar varios artigos, ou tubos a distintos niveis onde se poderán colgar varios produtos e que ademais producen un efecto de profundidade, andeis de cristal, etc.

Os exemplos que se amosan a continuación, presenten algún destes recursos.

EXEMPLO 4: Cando o espazo do escaparate non permite ter un manenquí de pe, pódese utilizar o recurso de sentalo no chan, nunha cadeira, etc. Outro truco que permite agrandar o efecto visual do escaparate é colocar fondos, como os que veremos nas seguintes fotografías.

Nos exemplos que se poden ver a continuación, pódense comprobar algúns destes recursos.

   
   
Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver