U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > RECURSOS ESCAPARATISMO > TRUCOS > Obxectos de uso común
 

Cortizas, pinzas de madeira, froitos secos, legumes, cartón ondulado, follas secas, cestos, etc. Todos estes elementos pódense utilizar para crear bonitos soportes e ambientes. A sobriedade e opacidade destes produtos resaltarán moitísimo máis os artigos expostos, contribuíndo a potenciar ó seu contraste e a darlle moita máis luz propia.

Moi apropiados para complementos, xoiería, bixutería, ópticas, etc. Con estes produtos pódese cubrir o chan do escaparate, ensartalos en fíos de nailon para formar cortinas, ou simplemente utilizalos de soporte e colocalos adornando os artigos que se expoñen. Todo dependerá do tamaño do escaparate.

 
 

Flores de papel, de tea ou plástico, que se poden atopar a custos moi baixos en calquera bazar; fentos, grilandas, froitas de imitación en material de papel, cartón plástico, etc. Con estes atrezos as prendas quedan camufladas nun escenario salvaxe e natural.

As plantas e arbustos suxéitanse con fíos de nailon e alfinetes. Pódense utilizar con todo tipo de produtos, sempre darán unha sensación de aventura, liberdade, ocio, tranquilidade, natureza, etc. É un bo reclamo visual para chamar a atención do público.

 
 

Rolos de papel hixiénico e copos de algodón, plumas brancas, etc. Este tipo de atrezos é o adecuado para liñas de produtos de corte xuvenil. É un tipo de proposta desenfadada e informal.

Os copos de algodón e as plumas, pódense colocar no chan do escaparate e salpicadas por enriba dos artigos expostos, ou ben inxeridas nun fío de nailon formando cortinas. Os rolos de papel hixiénico poden utilizarse para colocar de fondo do escaparate ou formar columnas para utilizalas como soporte dos artigos.

 
 

Copas e vasos de cristal, bolas e pedras de cristal, espellos, etc. A súa transparencia fai resaltar moito máis os produtos expostos, producindo sensación óptica de fraxilidade e elegancia.

Pódense utilizar con produtos de xoiería, bixutería, complementos para o fogar, etc.

Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver