U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > RECURSOS ESCAPARATISMO > TRUCOS >Atrezo > caixas forradas e columpios
 

Procedemento primeiro exemplo: Forrouse o escaparate cun papel azul claro na parte media superior e cun papel azul máis escuro na parte media inferior, separados por unha greca, que se fixo a ordenador e se imprimiu tantas veces como foi necesario ata cubrir o ancho da "habitación". Na parte superior do fondo pegouse o nome do establecemento. É un escaparate que ten un altura de 60 cm. do chan. As caixas forradas en tons pastel xunto cos fondos, fan unha combinación cromática apracible e agradable. As caixas están colocadas de forma irregular, o que nos permite aproveitar o espazo para expoñer produtos.

 
 

Procedemento segundo escaparate. A igual que o anterior levanta 60 cm. do chan. Aquí optouse por dar un ambiente campestre e natural, de primavera. É unha tenda que vende roupa para embarazadas e bebés. No lado esquerdo hai un busto vestido cun traxe prémama e no lado dereito creáronse catro randeeiras, a distintas alturas, para que permitan ver os produtos que se expoñen, con cintas vistosas. Na parte do chan optouse por non expoñer ningún produto, só colocar un valo de madeira e enredadeiras.

Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver
l