U. D. 15: RECURSOS, MATERIAIS e FERRAMENTAS ESCAPARATISMO > RECURSOS ESCAPARATISMO > COÑECEMENTOS DEBUXO > Artístico

DEFINICIÓNS:
Debuxar é reproducir unha figura sobre unha superficie. Describir algo, subliñando os seus trazos ou características principais.
O debuxo artístico é un sistema de representación plástica baseado na copia de modelo ou na reprodución de obxectos.
O debuxo artístico é a técnica que nos vai permitir elaborar os bosquexos e atrezos para os escaparates

Aquí partimos da base de que non é necesario debuxar perfectamente para realizar un bosquexo ou a planeilla dun atrezo, tan so coñecer uns pequenos trucos para aplicalos. O problema nesta materia non está en debuxar ben ou mal, senón na idea, na composición, na comunicación desa idea. O debuxo nese caso vainos servir para representar unha escena que queremos amosar no escaparate en función dunhas técnicas de escaparatismo xa estudadas. A dificultade máis notable do debuxo radica en expresar en dúas dimensións (no papel de traballo) aquilo que se ve en tres dimensións (que neste caso sería o bosquexo do escaparate).

Por exemplo, a relación de proporcións indica a forma: As tres árbores son diferentes. Só teñen en común que son árbores, porque a súa forma é notablemente diferente. Si tomamos como referencia a altura da copa (A) e o tronco (B), observamos que a relación de proporcións varía moito entre os tres modelos. Saber restablececer esta relación de proporcións entre os distintos elementos que van formar o escaparate é moi importante á hora de realizar o bosquexo.
A perspectiva: É a forma de representar os obxectos sobre unha superficie plana, de xeito que aparezan en tres dimensións. Para poder realizar o bosquexo dun escaparate podemos crear a sensación de perspectiva si debuxamos os obxectos uns diante de outros.
Cando se trata de debuxar planeillas para elaborar obxectos de decoración o mellor é buscar os debuxos que queremos utilizar (peixes, bolboretas, gatos, etc.), amplialos en fotocopiadora e logo recortalos.
.Programación aula UD15Índice UD15Glosario UD15Esquema UD15Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver