U. D. 10: AMBIENTACIÓN DO PUNTO DE VENDA > INTRODUCIÓN > Artigo País
Artigo do periódico “El PAIS”, firmado por Juan José Millás, con data 31/08/2001: O RINCÓN DO "GOURMET"

Regresei onte de vacacións (é un dicir) e fun ó híper para encher a neveira. Ó pouco de entrar tropecei cunha montaña de libros de texto rebaixados. Aquilo parecía a liquidación por derribo do pensamento universal. Aí estaban as ciencias naturais e a xeografía e a historia e a literatura e a gramática, todas elas tratadas como unha oferta de papel hixiénico. Non parecían manuais concibidos para amoblar as cabezas dos xoves, senón restos de temporada, pares soltos, dous teoremas polo prezo dun. Os nenos observaban os volumes con expresión de asco, como si os seus pais estiveran mercando froita pasada ou carne con moscas. Busquei algúns dos libros de cabeceira do presidente Aznar, pero nin estaban nin se lles esperaba. Non sabemos onde os compra el, aínda que quizás, e pese a súa política exterminadora, quedara algunha librería viva.

Recollín o alma, que se me caira aos pes, e a coloquei no carriño, xunto ó paquete de comida para cans. Logo aínda abouxado polo espectáculo anterior, perdinme nun corredor e rematei nunha dimensión do híper que parecía a biblioteca dunha mansión inglesa, pois a xente, pouca, falaba en voz baixa, e as paredes estaban decoradas con madeiras escuras que daban ó ambiente unha atmosfera intelectual moi agradable. Non era unha biblioteca, senón un curruncho do “gourmet” ou algo parecido no que os embutidos estaban encadernados en pel e os patés almacenábanse nos andeis que merecían ter albergado as obras completas de Shakespeare. A confusión aumentou, si cabe, ó tropezar cun queixo chamado Quijote, con etiqueta de portada de novela de aventuras.

Toda a estética que tradicionalmente rodeou ó universo do libro desprazárase a este recinto gastronómico, mentres que a da venda de chourizos deslizárase á dos libros de texto. Un cruce curioso. Indaguei si algún destes alimentos especiais tiñan desconto e os dependentes miráronme con mágoa, como si houbera solicitado unha filosofía rebaixada ou unha literatura de oportunidades. Avancei un pouco e vin, no que me pareceu unha biblioteca de carballo perfecta para colocar os volumes da Espasa, unha colección de viños tan ben presentados que tiñas a impresión de que bastaba bebelos para encherte de cultura. Unha copa deste tinto equivalía a ler un poema de Rilke, mentres que unha botella de aquel rosado era como aprenderse a Kavafis de memoria.

Volvín á sección de libros de texto para ver si todo era tan desastroso como me parecera, e o era, aló menos en comparación coa sección de arenques. Pasámonos a vida preguntándonos que raios sucede no sistema educativo e o que lle sucede é que lle fai falta todo, comezando pola consideración social do libro. Ningún neno que acuda da man dos seus pais a mercar os seus manuais escolares no híper volverá a crer na cultura. Crerá antes nas ovas de bacallau que nos puntos cardinais.

Pero sen puntos cardinais non se pode vivir. O primeiro que aprende un neno cando se lle pon de pe na situación espacial. Si confundes diante e atrás ou dereita e esquerda, estás perdido. E iso é o que ocorría no híper , que todos os valores estaban postos boca abaixo ata o punto de que os consumidores éramos consumidos polo xigantesco estómago onde perdías a noción de norte, sur, ese e oeste. Grazas a esa desorientación somos cada día máis submisos, máis torpes, máis covardes. Entonces chega un bispo, bota por narices do traballo a Resurrección Galera, profesora dun colexio público con soldo pagado por vostede e por min e o PP di que respecta a decisión. ¿Estamos tolos?. Non, non estamos tolos, senón desorientados. Algúns ademais de desorientados, están mudos pois Pilar do Castillo, no momento de escribir estas liñas, aínda non dixo esta boca é miña.

Non podes poñer o libro, á altura do papel hixiénico e queixarte de que os nenos se limpen o cu con el. Aí ten, señor Rato, os efectos da súa política intervencionista no sector: devalou o prestixio do libro, mentres que o gasto da volta ó cole disparouse moi por enriba do IPC. A iso chámase matar dous paxaros dun tiro. Compramos con desconto, si, pero estamos vendidos. Feliz outono.

Programación aula UD 10Índice UD 10Glosario UD 10Esquema UD 10Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver