U. D. 10: AMBIENTACIÓN DO PUNTO DE VENDA > INTRODUCIÓN
 
Definición:
A ambientación é o conxunto de actividades que se realizan para acelerar as vendas, dando vida á tenda e facéndoa máis atractiva.
Vivimos na sociedade de consumo e as persoas van de compras como unha actividade máis do seu tempo de ocio, polo tanto parece lóxico que os puntos de venda se preocupen de crear un ambiente o suficientemente chamativo e agradable que as invite a entrar.
Nos botóns que están a continuación hai tres artigos escritos por escritores e periodistas que dan a súa versión sobre a APV nas grandes superficies.
   
 
   
Obxectivos:
 
Este conxunto de actividades teñen como obxectivos os seguintes:
Atraer @ potencial comprador/a cara ó punto de venda, establecendo unha comunicación efectiva para guialo polo punto de venda.
Dotar ó punto de venda dun ambiente agradable e que invite á compra.
Amosar unha imaxe positiva do establecemento co obxectivo de fidelizar á clientela.
Incrementar a rendibilidade do establecemento, aumentando as súas vendas
Diferenciar o punto de venda dos establecementos da competencia.
Lei 10/1988, do 20 de xullo, de ordenación do Comercio Interior de Galicia :
Programación aula UD 10Índice UD 10Glosario UD 10Esquema UD 10Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas